SEMANA DA PAZ
A vindeira semana témola chea de movemento, queredes participar e coñecelos?
Comezaremos a semana dando ou recibindo apertas de forma voluntaria.
O martes temos un gran acontecemento musical da man de UXÍA, a nova madriña da aula de música que nos deleitará cunha gran actuación. Estamos moi ilusionadas e ilusionados!!! e invitámosvos a coñécela un pouco máis e a escoitar algunha das súas cancións no blog do equipo de dinamización da lingua galega. (pinchade na foto de Uxía para acceder directamente).
O mércores correremos pola paz coa III Edición MARCHA SOLIDARIA : CORRENDO POLA IGUALDADE 2023-24 en favor de
DisCamino
DisCamino é un proxecto que naceu para unir discapacidade e Camiño de Santiago, axudando a persoas con discapacidade a cumprir o seu soño de chegar a Santiago.
Participando na MARCHA SOLIDARIA, estás axudando a pagar o material, os desprazamentos, manutención nos roteiros, aloxamentos… e por outra parte loitar contra a exclusión social.
Animádevos a ser patrocinadores!!!
Vémonos na carreira que terá lugar o 31 de xaneiro as 12.15h.
E para rematar a semana teremos que facturar unhas maletas viaxeiras. Estades preparados e preparadas para que as nosas mensaxes de paz cheguen moi, moi lonxe?. (Recibiredes instrucións nos vindeiros días)