O NOSO CENTRO
O noso colexio atópase no lugar de Seixo, parroquia de Lavadores, entre as rúas do Pombal e a de Ramón Nieto.
A rúa do Pombal e a que da acceso ao Centro tanto pola súa entrada principal dende o primeiro tramo da rúa Ramón Nieto e circunda o colexio ata a entrada traseira do Edificio de pedra. Está adornada por unha plantación de plátanos por toda a rúa e continúan dentro do recinto escolar, conservándose todavía a gran maioría.
A zona que en principio era unha ampla zona rural pasou a convertirse nun barrio obreiro da cidade de Vigo, co seu centro vital no barrio do Calvario, cando se incorporaron as rúas do novo barrio da Doblada e a rúa Jenaro de la Fuente.
Esto supuxo a ampliación da súa zona escolar e polo tanto a ampliación do Centro.
Está situado nunha zona cunha vida asociativa moi dinámica, destacando os seus servizos culturais e deportivos:
- Ludoteca de Lavadores: na Asociación de Veciños de Lavadores na rúa Ramón Nieto.
- Pavillón polideportivo do Calvario: en Lavadores.
- Ludoteca na rúa Sagunto.
- Piscina municipal de Lavadores.
- Biblioteca de Caixanova
- Biblioteca Neira Vilas en Martínez Garrido
Invitámosvos a dar un paseo polos principais espazos e instalacións do noso centro escolar