Protexe os animais
Día Mundial Dos Animais
O pasado 4 de outubro, con motivo do Día Mundial dos Animais, tivemos a sorte de recibir a visita de Inma, unha veterinaria que traballa no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo.
Inma compartiu con todos os nenos e nenas de infantil e primaria importantes consellos sobre o coidado dos animais. Durante a súa charla, explicou de maneira clara e amena como debemos coidar aos nosos amigos peludos e, sobre todo, o que non debemos facer para garantir o seu benestar.
Ao final da visita, os alumnos recibiron varios agasallos como recordo da súa participación, grazas á veterinaria. Como mostra de agradecemento, o colexio fíxolle entrega dunha doazón de 40 € para a asociación de animais que ela elixira, decidindo destinar a doazón á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo.
Foi unha xornada moi especial que nos axudou a concienciarnos sobre a importancia de coidar e protexer aos animais.