Ed. infantil
SEMANA DE EXPERIMENTOS
Durante esta semana os nenos e nenas de infantil convertémonos en pequenos científicos, realizando dous pequenos experimentos a través dos cales nos divertimos e desfrutamos.
1. “A auga que camiña”: unha experiencia que nos acercou a unha propiedade física dos líquidos (a capilaridade) e a descubrir como a partir de unhas cores básicas se crean as demais. Ademais de divertirnos, conseguimos crear un elemento que nos fascina: o arco da vella.
2. “SLIME”: experiencia sensorial e táctil a través da cal descubrimos como mesturando diferentes ingredientes, se producen cambios de textura. Gustounos moito manipular o slime e ver como pouco a pouco ía cambiando a súa textura.
Sobra dicir que a tod@s nos encantaron os experimentos.
SUPERHÉROES
Enviado por admin o Mar, 20/10/2020 - 21:39UN DÍA DE SORPRESAS NO PATIO DE INFANTIL!!!
Enviado por admin o Mar, 13/10/2020 - 20:52Hoxe os nenos e as nenas de Educación Infantil xunto coas profes, estabamos tranquilamente xogando durante o recreo cando de repente... vimos os primeiros COGOMELOS deste ano. Para nós, casiñas dos gnomos
Pero non foi esa a única sorpresa, pois cando nos dirixíamos de volta á aula cantando unha das nosas cancións favoritas, de repente vimos que se movía algo: UN OURIZO.
Podedes imaxinarvos a ilusión que nos fixo, nunca viramos un de tan cerca e estivemos un bo cachiño observando que facía: escoitando? Non sabemos se os ourizos poden escoitarnos.
A verdade que atopar este animaliño no patio fixo que nos xurdiran moitas dúbidas: onde vive? por que estaba aí? era "chico ou chica"?,... Asegurámosvos que imos facer unha investigación a fondo porque quedamos moi intrigados.
E todos marchamos para a casa pensando no mesmo: que pasen rápido as horas para poder volver ao patio e a ver se nos volve a estar agardando. OXALÁ QUE SI!
DÍA 94
Enviado por admin o Mar, 16/06/2020 - 18:23Ola nenos e nenas, o curso está a piques de rematar e por iso vos vou a propoñer algo que sei que vos gusta moito: IMAXINAR QUE...
Hoxe deberedes imaxinar que estamos no colexio e debuxar o que vos gustaría estar facendo agora mesmo e con quen. Ademais podedes escribir os nomes das persoas que debuxedes e máis o que estades facendo.
Espero os vosos debuxos!
Ata mañá,
Roque.
DÍA 93
Enviado por admin o Mar, 16/06/2020 - 08:08Bo día nenos e nenas, xa me contaron que vos gustara moito axudarlle ao granxeiro que coida dos meus amigos, por iso hoxe propóñovos unha actividade moi parecida, pois xa sabedes que na granxa ademais deses animais pode haber flores ou outros animaliños máis pequenos.
Picade aquí, xa veredes. Moito ánimo!
Ata mañá,
Roque.
DÍA 92
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 09:05Bo día nenos e nenas, pois xa van 90 días que non nos vemos e aquí está a sorpresa de hoxe!
Estou convencido que vos vai encantar porque xa veredes que lles propuxen facer a algúns profes. Mirade como se puxeron de fariña jajajajaja
Agora é o voso turno!!!
Ata mañá,
Roque.
DÍA 88
Enviado por admin o Xov, 11/06/2020 - 07:03Ola nenos e nenas, xa estamos a xoves, así que imos mover o esqueleto con estas actividades musicais.
Pasádeo ben! Ata mañá,
Roque.
DÍA 87
Enviado por admin o Mér, 10/06/2020 - 07:52Ola nenos e nenas, o granxeiro que coida dos meus amigos non sabe cantos animais ten nin onde están e precisa da vosa axuda.
Estou seguro que entre todos conseguiremos organizar a súa granxa. Picade aquí.
Ata mañá,
Roque.
DÍA 85
Enviado por admin o Lun, 08/06/2020 - 08:43Ola nenos e nenas, acordádesvos do conto de Roberto e o escultor de nubes?
Pois hoxe propóñovos que sexades vós os escultores dunha nube. Así que deberedes debuxar unha nube e escribir o que vos gustaría que aparecese nela (poden ser nomes, debuxos,...).
Eu xa fixen a miña, na que aparecen os vosos nomes, pois gustaríame moito que estiverades aquí comigo xogando, rindo, cantando, lendo contos…
Ata mañá,
Roque.
DÍA 82: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Enviado por admin o Ven, 05/06/2020 - 08:13Ola nenos e nenas, hoxe celebrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para iso propóñovos o seguinte:
1.– Presentarlle á vosa familia os nosos amigos Cuidadín e Gastón. Xa había moito que non nos visitaban, atentos á parte que máis nos gusta do vídeo.
2.- Ver a curtametraxe de LEMON e reflexionar sobre o que nos transmite.
3.- Elaborar unha "hucha" para os vosos aforros reciclando elementos que teñades pola casa. Aquí nesta imaxe tedes un exemplo, pero invítovos a que botedes a voar a vosa imaxinación e creatividade.
Boa fin de semana,
Roque.