4º Curso
ÚLTIMO REPASO DE CIENCIAS
Enviado por admin o Dom, 14/06/2020 - 17:08CIENCIAS NATURAIS: AS PLANTAS
Imos facer un último repaso do tema das plantas. Para comezar aquí tedes algún vídeos para revisar os contidos máis importantes, senón podedes velos podedes repasar polo libro.
Nesta páxina podedes facer as actividades na páxina web, dádeslle a terminado e a enviades dende alía o meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es . Senón as podedes facer no ordenador podedes facer algunha na libreta.
Finalmente se queredes seguir repasando máis aínda, aquí tedes máis páxinas web con explicacións e actividades:
Reprodución sexual das plantas
Reprodución asexual das plantas
Clasificación das plantas: con e sen flores
CIENCIAS SOCIAIS: A AUGA
Imos repasar a importancia que ten a auga para o noso planeta.
Credes que poderiamos vivir sen auga no noso planeta? Que importancia ten a auga? Respondede á pregunta e mandádeme os vosos razoamentos.
Aquí tedes algunhas actividades para realizar na web:
A auga da natureza e o seu uso
Calquera dúbida ou pregunta no meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es
Que teñades unha boa última semana,
Irene
CIENCIAS
Enviado por admin o Lun, 08/06/2020 - 07:06Bo día a todos e todas :)
CIENCIAS NATURAIS
Esta semana imos repasar os animais invertebrados.
Déixovos uns vídeos para repasar contidos, senón podedes velos, repasade polo libro.
Para comprobar que recordamos moi ben todo, ides cubrir esta ficha coas características máis relevantes e algún exemplo de cada grupo de animais.
CIENCIAS SOCIAIS
Déixovos estas actividades de repaso.
Mandade todo a ireneluengo@edu.xunta.es
Apertas,
Irene
SEMANA DO 8 DE XUÑO
Enviado por admin o Dom, 07/06/2020 - 22:35Bo día!!!
Esta semana imos continuar coas actividades de repaso e reforzo de lingua galega, lengua castellana e matemáticas facendo unha ficha diaria de cada área.
Ademais imos facer un sinxelo traballo de galego cuxas indicacións envíovos por correo electrónico.
Ánimo que xa estamos a piques de rematar.
Bicos
Mª Jesús
CIENCIAS
Enviado por admin o Mar, 02/06/2020 - 16:06Boas tardes a todos e todas!
CIENCIAS NATURAIS
Esta semana imos repasar os animais vertebrados.
Déixovos uns vídeos para repasar contidos, senón podedes velos, repasade polo libro.
Para comprobar que recordamos moi ben todo, ides cubrir esta ficha coas características máis relevantes e dous exemplos de cada grupo de animais.
CIENCIAS SOCIAIS
O que tedes que facer de tarefa é un esquema do ciclo de auga con pequenas explicación do que sucede en cada paso.
Enviádeme todo a ireneluengo@edu.xunta.es
Apertas,
Irene
SEMANA DO 1 DE XUÑO
Enviado por admin o Dom, 31/05/2020 - 19:20Bo día!!!
Esta semana imos seguir coas fichas de repaso e reforzo en lengua castellana, lingua galega e matemáticas.
Ademais enviareivos por correo electrónico instrucións para unha actividade de lingua galega.
Recordade tamén que tedes esta semana para enviarme a receita os que aínda non a fixestes.
Estamos xa na recta final. ¡Ánimo!
Bicos
Mª Jesús
SEMANA DO 25 DE MAIO
Enviado por admin o Dom, 24/05/2020 - 15:28Esta semana imos continuar coas fichas de repaso e reforzo que empezamos a semana pasada, tanto de lengua castellana coma galego e matemáticas.
Recordade que faremos unha de cada área ao día.
Ademais diseñaremos un correo electrónico no que pidamos información; enviareivos instruccións por correo electrónico.
Os que aínda non me enviastes a receita, recordade facelo esta semana. Animádevos!!!!
Moito ánimo que xa queda pouco para rematar.
Coidádevos moito
Bicos
Mª Jesús
CIENCIAS
Enviado por admin o Dom, 24/05/2020 - 12:22Ola a todos e a todas!
Esta semana en CIENCIAS SOCIAIS ímonos introducir na páxina da NASA, alí teredes infinitas incógnitas, explicacións e datos curiosos para aprender... Atopades algún dato interesante para contarme?
Por exemplo... Sabedes a idade do Sol? Non?
O Sol ten 4,500,000,000 anos. Son moitos, verdade? Como se pronuncia este número tan grande? Serían: catro mil cincocentos millóns de anos. Como puideron descubrilo? Aquí tedes respostas sobre iso.
Que máis datos curiosos podedes atopar e contarme? Déixovos a páxina da NASA para que investiguedes. Podedes escribir todo o que vos resulte interesante na libreta e mandádemo. Se tedes problemas para navegar pola páxina podedes consultar libros ou enciclopedias que teñades por casa :)
______________________________________________________________________________________________________
Por outro lado, en CIENCIAS NATURAIS imos repasar un pouquiño o tema da alimentación.
Como de saudable estades comendo na casa? Espero que moito, moito! Podédesme deseñar un MENÚ SAUDABLE para min? Recordade incluír TODOS OS NUTRIENTES. Déixovos un vídeo para recordar os conceptos sobre alimentación saudable.
Que máis teño que facer para ter boa saúde? Moi ben, facer exercicio! Que actividade física me recomendades facer e canto tempo máis ou menos?
Déixovos este modelo de menú por se queredes traballar sobre el, senón, podedes facer o voso propio na libreta. Enviádeme as vosas propostas a ireneluengo@edu.xunta.es!
Que teñades boa semana
Irene
CIENCIAS
Enviado por admin o Lun, 18/05/2020 - 17:50Boas tardes rapaces e rapazas!
Envíovos estas preguntas a modo de repaso:
Ciencias Naturais: REPASO: O APARELLO DIXESTIVO E CIRCULATORIO
Ciencias Sociais: REPASO: A REPRESENTACIÓN DA TERRA
Se sodes capaces enviádeme confirmación de que as realizastes.
Aquí vos deixo o meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es
Apertas,
Irene
SEMANA DO 18 DE MAIO
Enviado por admin o Dom, 17/05/2020 - 22:18Esta semana continuamos cos caderniños de repaso que empezamos a semana pasada.
Procurade facer unha ficha de cada materia ao día.
Ídeme mandando as receitas para ir organizándoas.
Bicos
Mª Jesús
UNHA RECEITA
Enviado por admin o Ven, 15/05/2020 - 09:24Hoxe imos escribir algo. Para empezar, explicaremos como se fai unha receita.
Estade atentos ao correo porque vos vou enviar as instrucións.
Bicos
Mª Jesús
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »