Entroido

ENTROIDO 2017

Pouco a pouco foi pasando febreiro e chegando o entroido; cocidos, freixós, orellas... e moita farra. Este ano, como é o ano da arte, puxémonos man á obra e decoramos unhas camisetas brancas con moito entusiasmo. A creatividade deu para moito e saíron verdadeiras obras artísticas moi orixinais. Por outra banda quixemos unirnos á campaña contra o acoso escolar e copiamos o eslogan da canción do rapero Langui:"SE BUSCAN VALIENTES", e fixemos nosa tamén a canción durante o desfile que levamos a cabo pola rúa, dende o colexio ata  a casa do Concello, onde nos agasallaron cunhas chuches. Mirade que ben o pasamos!!!

ENTROIDO 2016

Os nenos e nenas de primeiro e segundo están cun proxecto sobre a auga, isto deunos a idea para disfrazarnos, ....e que mellor que sentirnos como peixes na auga? Liamos as escamas á cabeza e lanzámonos ao desfile. Vede neste enlace  as promesas somocenses da pasarela.

ENTROIDO 2015

ENTROIDO 2011

O pasado día 4 de marzo tivo lugar no noso colexio o festival de entroido. Maiores e pequenos disfrutaron dunha mañá chea de ledicia, cantos, sorrisos e bailes. Os nosos alumnos/as celebraron o tradicional desfile polo concello e a igrexa das Somozas amosando os seus preciosos disfraces que este ano conmemoraban o ano internacional dos bosques. Neste punto debemos facer especial fincapé no traballo que levaron a cabo as/os represantes da ANPA (fotos), xa que durante varias semanas elaboraron os disfraces para o día do festival.


Dende o claustro do centro queremos agradecer á ANPA ese gran labor  e a súa colaboración tanto neste festival como en todas as actividades que se organizan no centro. Xa podedes ver todas as imaxes deste festival na galería da páxina web.

ENTROIDO 2011

ENTROIDO

Este ano, o Entroido no noso centro tivo unha singularidade, xa que, durante esta semana os membros de este colexio sufrimos as presións dun grupo de alieníxenas que aterraron dende Marte. Cada día, debíamos traer unha prenda de roupa con fin de rematar a semana disfrazados de velliños e velliñas. Ao final portáronse moi ben connosco xa que nos deron unha recompensa.´

A Época Medieval foi a protagonista do noso Entroido. Así, os alumnos e alumnas de Educación Infantil transformáronse en poderosos reis e raíñas do Reino das Somozas. Os alumnos e alumnas do 1º ciclo convertéronse en damas e cabaleiros. En canto aos alumnos do 2º e 3º ciclo, algúns deles transformáronse nuns seres malvados (bruxas) e outros pasaron a ser Robin Hoods.

Para complacer aos nosos reis e raíñas, todos estes personaxes deberon de actuar. Así, as damas e cabaleiros deleitarónnos cos seus armoniosos movementos a través dun baile. As bruxas tiveron que dacer un conxuros para afastar os malfarios dos castelos dos reis. Os Robin Hoods foron obrifados a afinar as súas voces para mofarse dos mestres do colexio a través dunhas regueifas.

E para poñer remate a esta festa, fixemos o tradicional desfile polo pobo, parando na Igrexa e no Concello, onde fomos aclamados. Como recompensa recibimos caramelos.

Xa de regreso no cole, fixemos a queima do Meco.

Para ver fotos do Entroido no noso cole preme aquí

Distribuir contido