Día da paz

CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro celébrase este día, adicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Para iso, fixemos varias actividades e xogos como podedes ver nos seguintes vídeos e fotografías.

         

     

      

  

   

 

DÍA DA PAZ

Como todos os anos, a finais de xaneiro celebramos o día da PAZ. Este ano recitamos uns poemas con moito sentimento e cantamos unha fermosa canción de Macaco que se titula "Mensajes del agua" Vede unhas fotos dese día picando nesta pomba.

 

 

DÍA DA PAZ

O día 30, os nenos e nenas escribiron mensaxes de PAZ e metéronos nunhas botellas coa esperanza de que cheguen a todas as partes do mundo, tamén recitaron manifestos e cantaron, unha vez máis, á amizade, á convivencia e á PAZ. Veredes neste vídeo un resumo.

DÍA DA PAZ

Mirade este enlace que explica O Guernica

DIA DA PAZ 2011

A tarde do luns 31 de Xaneiro celebramos no noso colexio o día da paz. Foi unha tarde moi emotiva na que os alumnos e alumnas do centro manifestáronse en favor da paz e de valores como o compañeirismo, a amizade, a colaboración, etc... Primeiro fixérono a través dunha pequena película na que colaboraron todos/as, despois cada un leu a súa mensaxe de paz e finalmente todos cantamos unha canción pola paz. Xa podedes ver todas as fotos desta entrañable tarde na galería.

DIA DA PAZ 2011

DÍA DA PAZ

No mes de xaneiro celebramos o Día da Paz.  Nos días previos ambientamos o colexio con murais alusivos á paz. Neste caso decidimos facer un arco da vella (cada curso unha cor) con pombas que conteñen palabras sobre a paz que os nenos pegarán ese mesmo día.

O día da celebración, fixemos lecturas de poemas, manifestos e unha representación moi divertida sobre unha fábula baixo o título "O camiño da paz". A música tamén tivo un papel moi importante, pois interpretamos unha canción de Antonio Flores "No dudaría" coa proxección do seu video de fondo.

Se queredes ver as fotos da nosa celebración, prémede aquí

Distribuir contido