DÍA 40: TOCA SORPRESA!!!!

Xa levamos 40 días na casa e, como cada 10 días, hoxe toca sorpresa! 

Roque e Drilo queren presentarvos a un amigo deles, chámase Roberto, o neno do lume. No vídeo descubriredes porque lle chamaban así. 

A Roberto o que máis lle gustaba era ler contos e buscar figuras nas nubes do ceo e, un día, cando estaba facendo isto, coñeceu a alguén. 

Aquí tedes o vídeo onde poderedes coñecer a Roberto, pero estade moi atentos, porque axiña teredes máis noticias de Roberto e o seu amigo. 

Ademais tamén vos invito a mirar o blog da biblioteca, pois hai novos contos para que disfrutedes en familia.