DÍA 30

Ola familias! Xa estamos de volta e estas vacacións Roque, como non puido ir a ningún sitio de vacacións, tivo moito tempo a pensar novas propostas para que disfrutedes en familia. Queredes que nolas vaia contando cada día? 

Xa escoito o voso SI desde a "miña casa": a "vosa biblioteca". Que ben, que alegría! Pois imos aló! 

Hoxe fai 30 días que estamos na casa, entón que pasa hoxe? SORPRESA!!!! 

Pois para a sorpresa de hoxe tiven que chamar a Sole por teléfono porque precisei da súa axuda. Picade na seguinte imaxe e xa veredes!

 

Ademais deixovos este conto que algún de vós xa coñecedes porque o traballamos na nosa aula. Alguén conseguirá que o seu legume sexa tan alto ou máis alto que o de Jack?