CEIP O Marbán
O noso centro cambia de nome. De agora en diante será CEIP O Marbán, pois existe unha lenda, de tradición oral, que hai moitos anos, tivo lugar a batalla das Cen Doncelas, na que un noble francés, Sumaças, conseguiu vencer coas súas tropas aos musulmáns; o que motivou aos Reis de España a outorgarlle o territorio que hoxe leva o seu nome.
Ao parecer, ás Cen Doncelas eran levadas aos haréns moros. Estas mulleres eran cautivadas nos lugares do municipio e levadas á Casa Grande de As Enchousas. Logo eran embarcadas con destino a África. Os barcos que as levaban podían ser vistos desde o monte máis alto do municipio, desde o que se contempla o mar. Alí acudían os lugareños para despedir ás doncelas exclamando "polo mar van", frase que máis tarde daría nome ao lugar de Marbán.