Xogos e actividades de Samaín e magosto

O pasado mércores tivemos a oportunidade de realizar actividades e divertidos xogos no pavillón municipal, para celebrar o magosto e Samaín. En primeiro lugar, a Banda de gaitas "Os Tafornelos" das Somozas obsequiounos cunha actuación que fixo as delicias de todos e todas. Seguidamente, tiveron lugar os xogos. Foron 5 estacións nos que os xogos tiñan como fío condutor ás castañas. Pasamos un día xenial e moi divertido, no que incluso as familias participaron nos xogos. Aquí vos deixamos unhas fotos do día: