Saída para ver a malla tradicional
O pasado venres, 20 de setembro, o noso alumnado realizou unha saída camiñando para asistir á V edición da tradicional Malla no Seixidal, invitados polo concello de As Somozas. A celebración, que comezou ás 11:00 horas, contou coa participación dos veciños e veciñas que mostraron aos nosos nenos e nenas como se realizaba a malla tradicional empregando máquinas antigas, co obxectivo de bater os cereais e separar o gran do millo. Esta tarefa era fundamental para a posterior elaboración da fariña, un dos alimentos básicos das nosas comunidades rurais.
Ademais de ser unha actividade culturalmente enriquecedora, a camiñada supuxo un percorrido saudable de aproximadamente 5 quilómetros. Esta xornada non só permitiu ao noso alumnado coñecer as nosas tradicións, senón tamén fomentar o exercicio físico e os hábitos de vida saudables, demostrando a importancia de combinar o coidado da saúde co respecto polo noso patrimonio.
Foi unha experiencia marabillosa que uniu deporte, cultura e tradición, permitindo que o noso alumnado aprenda e desfrute ao mesmo tempo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG20240920112943.jpg | 1.48 MB |
IMG20240920112828.jpg | 2.84 MB |
IMG20240920113002.jpg | 2.63 MB |
IMG20240920113416.jpg | 3.21 MB |
IMG20240920113654.jpg | 2.88 MB |
IMG20240920105617b.jpg | 398.13 KB |
IMG20240920105319.jpg | 1.82 MB |