COMEDOR CURSO 2024-2025

Bo día familias, aquí vos deixamos a Instrución 1/2024 sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025

Para cubrir o modelo de autodeclaración como nos cursos anteriores picade no enlace que está deseguido e atoparedes o arquivo en pdf:

Modelo de autodeclaración  (os que tedes máis dun neno escolarizado no colexio so se precisa cubrir 1 papeliño). RECORDADE ASINALO NA ÚLTIMA FOLLA.

Unha vez que o teñades cuberto podedes entregalo mediante correo electrónico ceip.omarban@edu.xunta.gal ou ben no colexio, antes do 1 de setembro.

Calquera dúbida podedes poñervos en contacto co número de teléfono do colexio ou ben ao correo ceip.omarban@edu.xunta.gal. 

Aproveitamos para desexarvos un BO VERÁN e que desfrutedes moito en familia.

Saúdos

AdxuntoTamaño
Instrución 2-2024_XI_vdef_asinada.pdf424.08 KB
ANEXO II Modelo de autodeclaración e especificacións.pdf108.08 KB