Escape Room pola Semana do Libro
Enviado por mar o Mar, 07/05/2024 - 15:13
Como xa sabedes celebramos a semana do libro facendo moitas actividades para fomentar e desfrutar da lectura. Unha delas foi o apadriñamento que podedes consultar a actividade aquí. Outro día fixemos un escape room por etapas. Primeiro foi o turno de Educación Infantil e 1º, 2º de Educación Primaria. O escape room tiña diferentes probas: adiviñar títulos de libros, xeroglíficos, portadas de libros e moitas máis. Por cada proba superada conseguían un código de catro díxitos. Despois de probar todas as combinacións posibles con eses díxitos puideron abrir un código e obter un premio.
Dende logo que son moi bos e boas detectives!!! Premede na imaxe para ver a actividade!