Milla Diaria e Móvete+
Dentro dos proxectos de vida activa e deportiva da Consellería de educación da Xunta de Galicia, o noso centro solicitou o Plan da Milla Diaria, un plan que busca axudar aos centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro/vida activa e saudable abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
O plan céntrase en realizar una milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo. Na milla diaria tamén incluimos a modalidade Móvete+, xa que os nenos e nenas cada 420m aproximadamente teñen un código QR que teñen que escanear para poder visualizar uns vídeos con diferentes pasos básicos de aeróbic. A través destas actividades pretendemos fomentar a actividade física a través de actividades con música e movemento, traballando tamén de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).
Aquí deixo algunhas imaxes nas que se pode ver a actividade:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG20230426141620.jpg | 4.33 MB |
IMG20230426141635.jpg | 3.14 MB |
IMG20230426141713.jpg | 3.22 MB |
IMG20230426141837.jpg | 3.73 MB |
IMG20230426141949.jpg | 4.88 MB |
IMG20230426142027.jpg | 3.32 MB |
IMG20230511114247.jpg | 4.08 MB |
IMG20230511114227.jpg | 3.85 MB |
IMG20230511114422.jpg | 4.92 MB |
IMG20230511114956.jpg | 3.45 MB |
IMG20230518114600.jpg | 3.55 MB |
IMG20230518140712.jpg | 4.63 MB |
IMG20230518140713.jpg | 4.07 MB |
IMG20230518140721.jpg | 5.08 MB |
IMG20230518140805.jpg | 3.55 MB |
IMG20230518141141.jpg | 3.22 MB |
IMG20230518141202.jpg | 2.42 MB |