DÍA DA ÁRBORE 2011
Como cada ano, celebramos no noso centro o día da árbore. A celebración contou con diversas actividades que tiveron como colofón final a plantación dunha árbore na parte traseira do patio. Neste día os nenos/as participaron de forma activa á hora de plantar xa que sacharon, colocaron pedras, trouxeron paos da casa para colocalos arredor da árbore e poder así axudar no seu crecemento, etc... Por outro lado, tempo antes da plantación da árbore (este ano eleximos o mermelo) levaronse a cabo outras actividades relacionadas con esta conmemoración como por exemplo a elaboración dun mural conxunto entre todo o alumnado.
A través destas actividades os nenos demostraron ser plenamente conscientes da importancia das árbores e dos coidados periódicos que necesitan as mesmas.
Na galería da páxina web atoparedes todas as fotos desta conmemoración. (Pinchade aquí).