TELÉFONO 881 93 81 01

COÑECEMOS A KANDINSKI E MIRÓ

Os nenos e nenas de 1º,2º e 3º e 4º estivemos a investigar sobre os artistas Kandinski e Miró. Coñecimos as súas técnicas, así como formas e cores que máis empregan nas súas obras. Logo, practicamos estes estilos e creamos uns murais que agora están decorando as portas das nosas aulas.

Aquí vos deixamos unhas fotos.

CHEGOU O INVERNO

Remataron as vacacións e na aula de Infantil seguimos experimentando. Desta volta foi con bicarbonato e auga para facer... ¡¡NEVE!!

Ademais tamén pintamos en papel de aluminio e velaquí o resultado.

FESTIVAL E VISITA DE PAPÁ NOEL

Aquí deixamos algúns momentos do festival do primeiro trimestre do curso. Os "nosos nenos e as nosas nenas" son uns artistas e fixéronnos disfrutar moitisimo coas as súas actuacións.

Ademais tamén contamos coa visita de Papá Noel que, un ano máis, fixo un oco na súa apertada axenda para estar con nós un anaquiño. ¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!

 

A gaivota de Claudiniño e o Gorrión da praza

O último día do trimestre, tivemos a sorte de contar coa visita dos nenos da Casa Niño e cos usuarios da Casa do Maior do concello. Foi para compartir algunhas actuacións musicais.

Ademais neste día, o Concello agasallounos cun exemplar do libro "A gaivota de Claudiniño e o Gorrión da praza", de Rafael Loureiro, antigo profesor do centro. Os beneficios desta edición solidaria foron destinados á Asanog Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

 

                   

FELICES FESTAS

Desexamos que o pasedes ben nestes días en familia e vémonos o día 8 de Xaneiro.

Visita a O Coto Navideño

O luns 18 de decembro fixemos unha camiñada ata O Coto para ver a decoración de nadal instalada polos veciños deste lugar. Os nenos e nenas do noso colexio quedaron encantados coa visita e ademais levaron un regalo. Moitas grazas aos veciños de O Coto por estimular o espíritu navideño na nosa comunidade educativa. 

Fixérono tan ben que ata aparece nesta noticia. Parabéns polo voso traballo e esforzo!

Nesta camiñada tamén aproveitamos para vsitar a fervenza de O Coto, unha marabilla da natureza. 

A continuación podedes ver varias fotografías da camiñada.

   

  

  

SAÍDA AO CINE

Como cada ano, no primeiro trimestre, realizamos a saída ao cine a Odeón (Narón).

Para algúns dos nenos de Educación Infantil era a primeira vez que viaxaba en autobús e xa está preguntando, ¿cando volvemos? Risa

 

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

No Día Internacional contra a Violencia de Xénero, fixemos unha actividade colectiva na que aprendimos, entre outras, a facer o xesto do “SOS silencioso” para saber recoñecelo no noso arredor. Ademais, todo o centro debuxamos e escribimos detrás da man “contra a violencia de xénero” para logo colgalas nunha árbore do centro.

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

A pasada semana xuntámonos todo o centro para celebrar o Día Universal da Infancia (20 de novembro). 

Para o Día Universal da Infancia decidimos vir en pixama e limos algúns dos dereitos dos nenos e nenas. Despois aproveitamos para comer un riquísimo chocolate con churros que todos gozamos (e repetimos).

    

CONCURSO DE CABAZAS

Ola familias, tal e como vos informamos en días anteriores, comeza o concurso de cabazas que decorastes para a celebración do Samaín. Para iso, xa está habilitado na aula virtual un apartado de CONCURSO DE CABAZAS que é onde tedes que facer a votación: será anónima e unha vez por persoa (so podedes votar unha vez). Está no apartado de "ACTIVIDADES XERAIS"

Cada neno e cada nena poderá votar por unha cabaza de cada aula. Para isto, como vedes, asignamos un número a cada cabaza. E así de cada fotografía deberedes escoller a cabaza que máis vos gusta (excepto a vosa) e indicar ese número na aula virtual.

A votación estará activa ata o vindeiro venres día 17 de novembro.

Picade nas imaxes para ver as fotografías máis grandes.

Moitas grazas e moita sorte a tod@s!!

 

EDUCACIÓN INFANTIL


 

1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA  

 


  

3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


 

 


 

5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Distribuir contido