TELÉFONO 881 93 81 01

DÍA DA AUGA 2011

O día 22 de Marzo comezou no noso centro a celebración do "día da auga". Ao longo desta semana todos/as os alumnos/as do colexio participarán en diferentes actividades co obxectivo de concienciarse sobre o coidado e o uso responsable da auga. Algunhas destas actividades son: elaboración dun mural sobre o ciclo natural da auga, visionado dun documental sobre fauna marina autóctona, experimentos que se poden facer coa auga, etc... Podedes ver todas fotos podedes pinchar aqui ou visitar a galería da nosa páxina web.

DÍA DA AUGA 2011

ENTROIDO 2011

O pasado día 4 de marzo tivo lugar no noso colexio o festival de entroido. Maiores e pequenos disfrutaron dunha mañá chea de ledicia, cantos, sorrisos e bailes. Os nosos alumnos/as celebraron o tradicional desfile polo concello e a igrexa das Somozas amosando os seus preciosos disfraces que este ano conmemoraban o ano internacional dos bosques. Neste punto debemos facer especial fincapé no traballo que levaron a cabo as/os represantes da ANPA (fotos), xa que durante varias semanas elaboraron os disfraces para o día do festival.


Dende o claustro do centro queremos agradecer á ANPA ese gran labor  e a súa colaboración tanto neste festival como en todas as actividades que se organizan no centro. Xa podedes ver todas as imaxes deste festival na galería da páxina web.

ENTROIDO 2011

SEMANA DO "MANDADIÑO"

28/02/2011 10:00
03/03/2011 16:30
Etc/GMT

Esta semana celebramos no cole a semana do "mandadiño", na que os alumnos/as e o profesorado do colexio traerán cada día unha parte dun disfrace, ata completalo totalmente. O resultado promete ser moi divertido. Non perdades oportunidade de consultar as fotos que en pouco tempo aparecerán na galería da nosa páxina web.

NOVO BLOGUE

Temos un novo e fantástico blogue no que participan as nosas compañeiras Carmela e María Jesús. Non perdades a ocasión de visitalo.

NOVO BLOGUE
Distribuir contido