BENVIDA AO NOVO CURSO 2017/2018
Enviado por admin o Lun, 04/09/2017 - 11:17Bo día, aquí estamos de volta coas pilas cargadas e con moitas ganas de vervos. Esperamos que disfrutárades moito do verán... e agardámosvos o luns 11!!!
LIBROS DE TEXTO 2017/2018
Enviado por admin o Lun, 17/07/2017 - 08:47Relación de libros de texto para o curso 2017/2018
CONTACONTOS
Enviado por admin o Dom, 02/07/2017 - 17:52Tamén para finalizar o cuso, nos visitou unha contacontos. Que marabilla!! Levounos con ela de viaxe por todos os continentes e de cada un nos contou unha unha historia fascinante.
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Enviado por admin o Mér, 28/06/2017 - 15:16Julián e Marcos, xa forman parte da plantilla colaboradora do CEIP a Igrexa en As Somozas. Cada ano veñen a recordarnos como hai que coidar o medio ambiente e non se cansan de insistir na responsabilidade que temos coa Terra, o noso fogar e o dos que veñen atrás. Gracias aos dous, agardámosvos para o ano que vén!
UN VETERINARIO NO COLE
Enviado por admin o Mér, 28/06/2017 - 15:01Como os máis pequenos andaban ás voltas cos dinosaurios, os vermes, caracoles, e demáis bichería, xurdiulles unha serie de dúbidas sobre os animais, e quen mellor que un veterinario para resolvelas? Así un bo día chegou ao cole Javi Sabín, con un montón de ferramentas propias do seu oficio e contoulles un sinfín de cousas sobre todos os animais, incluidos os estinguidos.
EXCURSIÓN A MANZANEDA
Enviado por admin o Mér, 28/06/2017 - 14:53Nos últimos días de curso, todos os anos a ANPA organiza unha excursión para todo o alumnado, dende infantil ata sexto. Van acompañados por algunhas mamás e algunhas profesoras. Este ano a viaxe foi á estación de Manzaneda. Alí tiveron a oportunidade de practicar varios deportes: natación, fórmula 1, alpinismo, tiro con arco, equitación,... pero mellor mirade este enlace no que aparece unha reportaxe gráfica.
SEMANA DO LIBRO
Enviado por admin o Lun, 08/05/2017 - 19:58Acabamos de celebrar a semana do libro con diversas actividades, co fin de fomentar a lectura e o amor polos libros. Este ano decidimos traballar coa poesía, e como coincide co centenario do nacemento de Gloria Fuertes, fixemos especial atención á súa obra. Deixounos marabillados cos seus poemas tan simpáticos, tan áxiles e tan cercanos!!. No vídeo que aparece a continuación, veredes unhas fotos destas actividades. Está amenizado cun poema de Gloria Fuertes "MI ABUELA MARIANA", que nós dedicamos a todas as avoas do mundo, sobre todo ás nosas.
PROGRAMA DA SEMANA DO LIBRO
Enviado por admin o Mér, 19/04/2017 - 17:18DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Enviado por admin o Xov, 09/03/2017 - 21:29O 8 de marzo é o día internacional da muller traballadora. Moitas veces facémoslles homenaxe a grandes mulleres que fixeron historia e contribuiron notablemente a cambiar o mundo e á loita pola igualdade. Este ano decidimos facer visibles ás mulleres anónimas para a historia, pero moi importantes nas nosas vidas, así os nenos celebraron este día facéndolles un recoñecemento ás mulleres da súa vida que consideraban que merecían con creces esta homenaxe. Lede.
As mestras do colexio fieron un paro simbólico de 15 minutos para reclamar a igualdade. Marcos, o único mestre, solidarizouse e fixo o traballo por elas durante eses 15 minutos.
Por outro lado, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º, realizamos unha divertida actividade sobre os diferentes roles e
despois un interesante debate.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- …
- seguinte ›
- última »