Ed. infantil

DÍA 10: SORPRESA!

Ola! Pois xa levamos 10 días na casa e, como facíamos no colexio, hoxe toca sorpresa. Que será? 

Pois picade aquí para comprobalo. Espero que o pasedes moi ben. 

Ata mañá!

DÍA 9: so falta un día para a sorpresa!

Bo día familias, bo día nenos e nenas. Xa levamos 9 días sen vernos, pero é un día menos que queda para volver ao colexio. SEXAMOS POSITIVOS.  

Picade aquí para ver as propostas que nos fai hoxe Roque e moi atentos porque mañá... que pasará mañá? Risa

DÍA 8

Bo día nenos e nenas, bo día familias! Imos a polo día 8. 

Roque sigue aportándonos ideas para que poidades disfrutar na casa. Esperamos que vos gusten. Picade aquí para velas! 

Ademais tamén vos quere dar as grazas aos que xa nos enviastes a poesía e máis o debuxo... ENCANTÁNNOS! 

Seguro que aínda recibimos algunha máis hoxe e mañá, a que si? 

Deica mañá! 

MÚSICA

Ola a todos!!!!!

Acabo de atopar este vídeo, que me gusta tanto, que quero compartilo con todos vós.

Xa me contaredes que vos parece.

Espero que sigades ben.

Bicos

Mª Jesús

DÍA 5: UNHA DE CONTOS...

Bo día nenos e nenas de Educación Infantil, hoxe é venres e toca ir á biblioteca xunto ao noso amigo Roque. 

Así que anímovos a que vaiades ao blog da biblioteca (na marxe dereita desta páxina tedes o enlace). Alí atoparedes varios contos e un con unha SORPRESAAAAAA!

Xa, xa sei que non é o día 10, pero xa me contaron que estades a pasalo moi ben con todas as propostas que vos indica Roque e quere facer este agasallo. 

Ademais tamén temos noticias de Drilo e hoxe preséntanos ao seu amigo Puaj (o asco). 

DÍA 4

Aló imos coas propostas de hoxe rapaces e rapazas. 

É xoves e iríamos á aula de música, polo que imos escoitar, cantar e bailar un pouco. 

1.– Danza dos 7 saltos: 

2.– “VEO, VEO”: para cantar e bailar esta canción podedes confeccionar antes uns prismáticos con dous rolos de papel hixiénico ou papel de cociña: pintándoos con témperas, decorándoos con cintas de cores ou o que se vos ocorra e, deseguido, unilos cun cordel. 

 

3.- A ORQUESTRA DOS ANIMAIS: logo de escoitar esta canción, podedes facervos preguntas como: que instrumento tocaba a ra? ese instrumento é de corda, de vento ou de percusión? quen estaba ao lado dereito/esquerdo do coello?

4.- ADIVIÑAS COAS LETRAS DO ABECEDARIO:

Ademais, os xoves tamén viría á nosa aula a profe Sandra. Se picades no apartado de actividades de Audición e Linguaxe poderedes ver algunha das súas propostas. 

 

DÍA 3: SORPRESA DO NOSO AMIGO MONKEY

Ola amig@s, aquí vos deixo as propostas de Roque e ademais hoxe... SORPRESA DE MONKEY!

Pois é mércores e hoxe toca inglés. Que será? Picade aquí

DÍA 2

Bo día, nenos e nenas de Educación Infantil. Hoxe indícovos algúns xogos para que poidades disfrutar en familia. Picade aquí para poder velos. 

Como levades o que vos mandei onte? Espero que ben, seguro que o fixestes deseguida porque era o que facíamos todos os días nada máis chegar á nosa aula. 

Xa vou preparando algo para mandarvos mañá. Pasádeo ben! 

CARTA DE ROQUE

Familias e nenos e nenas de Educación Infantil, aquí vos deixo as primeiras actividades que nos propón Roque para estes días que imos estar na casa. 

Picade aquí para poder visualizalas. 

A VOLTAS CO NADAL

Aquí están os nenos de 6º de infantil traballando duro e con moita ilusión na decoración da súa aula, seguro que Papá Noel e os Reis toman boa nota.
 

Distribuir contido