Ed. infantil
DÍA 36
Enviado por admin o Lun, 20/04/2020 - 07:42Comeza unha semana máis e aquí está a proposta para hoxe, que consiste en ALIMENTAR MONSTROS, teñen moita fame, así que picade aquí para descubrir de que se trata.
Pasádeo ben!
DÍA 33
Enviado por admin o Ven, 17/04/2020 - 07:53É venres e toca biblioteca. E hoxe na biblioteca atoparíamos ao último Emi, amigo de Drilo: SONROJA.
Para darvos pistas de como se sinte Sonroja, preséntovos neste vídeo a uns amigos meus.
Ademais invítovos a que visitedes o blog da biblioteca porque seguimos coa pandemia de contos.
BOA FIN DE SEMANA!
DÍA 32
Enviado por admin o Xov, 16/04/2020 - 08:31Como cada xoves, aquí vos deixo algunha proposta para bailar e mover o esqueleto.
1.- QUEN COÑECE ESTA CANCIÓN?
2.- E ESTA?
Tamén vos deixo algún xogo para poñer en práctica o ritmo musical. Quen gañará?
DÍA 31
Enviado por admin o Mér, 15/04/2020 - 08:00Ola nenos e nenas, a proposta de hoxe está relacionada cun conto que nos gusta moito na nosa aula. Cal será?
Logo de ver o vídeo, picade aquí.
DÍA 30
Enviado por admin o Mar, 14/04/2020 - 08:32Ola familias! Xa estamos de volta e estas vacacións Roque, como non puido ir a ningún sitio de vacacións, tivo moito tempo a pensar novas propostas para que disfrutedes en familia. Queredes que nolas vaia contando cada día?
Xa escoito o voso SI desde a "miña casa": a "vosa biblioteca". Que ben, que alegría! Pois imos aló!
Hoxe fai 30 días que estamos na casa, entón que pasa hoxe? SORPRESA!!!!
Pois para a sorpresa de hoxe tiven que chamar a Sole por teléfono porque precisei da súa axuda. Picade na seguinte imaxe e xa veredes!
Ademais deixovos este conto que algún de vós xa coñecedes porque o traballamos na nosa aula. Alguén conseguirá que o seu legume sexa tan alto ou máis alto que o de Jack?
DÍA 18
Enviado por admin o Xov, 02/04/2020 - 09:50É xoves… imos con Música e Educación Física. A BAILAR!
1.- O BAILE DO CORPO:
2.- PICA PEDRA
3.- RELAXACIÓN
Ademais a profe Sandra, no apartado de Audición e Linguaxe, ten novas propostas.
Ata mañá!
DÍA 16
Enviado por admin o Mar, 31/03/2020 - 07:53Bo día familias, bo día nenos e nenas.
Aquí vos deixo as propostas para hoxe.
Pasádeo moi ben e coidádevos moito
Malabares CEIP O Marbán
Enviado por admin o Ven, 27/03/2020 - 11:28Bo día a todos.
Pensei en propoñervos a todos os nenos do cole 10 retos de malabares para que practiquedes estes días.
Algúns xa foron enviados para os rapaces de primaria pero estes dez son para todo o cole. Van do mais faciliño ao complicado.
Recordade que podedes enviarme fotos e videos de que o estades practicando a marcos.carral.suarez@edu.xunta.es.
Picade aquí para velos.
Un abrazo amigos!
DÍA 12
Enviado por admin o Ven, 27/03/2020 - 09:14É venres e tocaría ir á biblioteca para que os nenos e as nenas de EP nolo fixeran pasar moi ben contándonos contos.
Así que no blog da biblioteca hai uns contos para que desfrutedes na casa coas vosas familias.
Ademais tamén hai un conto feito con papiroflexia. Sabedes que é?
Boa fin de semana!
DÍA 11: Educación Física e Música
Enviado por admin o Xov, 26/03/2020 - 09:09É xoves, tocaría ir ao ximnasio co profe Marcos e máis á aula de música. Pois imos ir aos dous sitios á vez, que vos parece?
Propóñovos varios vídeos para que, a vez que facedes exercicios, escoitedes música.
Tamén hai exercicios de relaxación, pois recordade o importante que eran as masaxes á volta do recreo.
Podedes facelo en familia, como aparece no vídeo, será máis divertido.
Unha aperta!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »