FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 22/05/2024 - 10:01Xa está publicada a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar; a Orde do 7 de maio de 2024. Aquí está o enlace.
DESTINATARIOS:
Alumnado de 1º e 2º de EP: axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar
Alumnado de 3º a 6º de EP: fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: ATA O 21 DE XUÑO
Aquí deixo a solicitude e o anexo II da orde que debedes cubrir.
As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía telemática nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Unha vez cubertos todos os datos debedes gardar a solicitude e, posteriormente, podedes optar polas seguintes formas de presentación:
- a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- presentala no centro.
Calquera dúbida aquí estou. Saúdos,
A Directora.
KIMOKAP
Enviado por admin o Mér, 22/05/2024 - 09:12Fai uns días ofrecéronnos participar neste proxecto solidario, que confecciona gorros e bandanas para regalar aos nenos e ás nenas oncolóxicos. Por iso, no cole participamos facendo tarxetas que acompañarán estes gorros e bandanas.
Anímamosvos a que botedes un vistazo ao gran traballo que fan no día a día e tamén para coñecer como podemos participar de maneira sinxela.
Para máis información podedes visitar o seu facebook ou tamén o seguinte enlace: http://kimo-kap.blogspot.com/
As nosas tarxetas xa saíron para o seu destino. Agardamos que vos gusten e que vos dean moita forza e ánimo, familias!
LUISA VILLALTA E O VIOLINO DE VENTO
Enviado por admin o Xov, 16/05/2024 - 22:00Co motivo da conmemoración do Día las Letras Galegas, tivemos a oportunidade de disfrutar dun contacontos sobre a autora homenaxeada, Luísa Villalta.
OS MAIOS
Enviado por admin o Mér, 15/05/2024 - 22:00O pasado 8 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria acudimos á celebración da festa dos Maios no Centro Cívico. Alí axudamos a preparar as plantas e flores que precisábamos para elaborar o Maio e facer a alfombra floral. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
ACTUACIÓN MARTA ORTIZ
Enviado por admin o Mar, 14/05/2024 - 11:50Os nenos de Educación Infantil tivemos a sorte de ver a actuación de Marta Ortiz: "Casa, casiña, casona".
Por iso fomos ao Centro Cívico e xunto, cos nenos e nenas da Casa Niño, disfrutamos do seu espectáculo, no que tivemos a oportunidade de bailar e cantar, grandes e pequenos.
Queremos agradecer ao Concello por esta invitación.
MOITAS GRAZAS!
DÍA NON LECTIVO
Enviado por admin o Mér, 08/05/2024 - 20:28Estimadas familias, logo da autorización da Xefatura Territorial, comunícovos que o día 20 de Maio, non hai colexio, pois tal e como establece a Orde de calendario escolar (Orde do 3 de maio de 2023 - DOG 16 de maio de 2023), foi un dos escollidos polo centro como non lectivo.
Saúdos,
A directora.
ENCONTRO INTERXERACIONAL ARREDOR DO XOGO POPULAR
Enviado por admin o Mér, 08/05/2024 - 19:28XORNADA DE CONVIVENCIA EN CERDIDO.
Enviado por admin o Mér, 08/05/2024 - 11:49O pasado venres acudimos á unha xuntanza en Cerdido cos coles de Moeche, de Mañón e da Barqueira. Fixemos diferentes talleres onde nos foron ensinando obxectos antigos atopados nos castros por aqueólogos. Ademáis contáronnos un conto, debuxamos e pintamos, fixemos colares e pulseiras, xogamos e comemos pizza! Foi un día fantástico!
Moitas gracias ao cole de Cerdido por acollernos tan ben e prepararnos actividades tan divertidas.
Vémonos o ano que ven!
Escape Room pola Semana do Libro
Enviado por mar o Mar, 07/05/2024 - 15:13Como xa sabedes celebramos a semana do libro facendo moitas actividades para fomentar e desfrutar da lectura. Unha delas foi o apadriñamento que podedes consultar a actividade aquí. Outro día fixemos un escape room por etapas. Primeiro foi o turno de Educación Infantil e 1º, 2º de Educación Primaria. O escape room tiña diferentes probas: adiviñar títulos de libros, xeroglíficos, portadas de libros e moitas máis. Por cada proba superada conseguían un código de catro díxitos. Despois de probar todas as combinacións posibles con eses díxitos puideron abrir un código e obter un premio.
Dende logo que son moi bos e boas detectives!!! Premede na imaxe para ver a actividade!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »