Ed. infantil
DÍA 50
Enviado por admin o Lun, 04/05/2020 - 08:04Comeza unha nova semana e comeza con sorpresa, pois xa levamos 50 días: metade da táboa do 100, acordádesvos?
Preséntovos o conto de Topito terremoto e máis propóñovos dous xogos. Espero que vos gusten!
Un dos xogos está xusto debaixo deste vídeo e outro, picade aquí para velo.
A CONTAR CACAS
Enviado por admin o Xov, 30/04/2020 - 16:14
Aquí vos deixamos unha actividade que fixemos os nenos e as nenas de Educación Infantil con un dos nosos contos favoritos: A CONTAR CACAS.
Cada un de nós decorou un dos animaliños que aparecen no conto con elementos que temos na casa. Velaquí que ben nos quedaron.
DÍA 46
Enviado por admin o Xov, 30/04/2020 - 07:48Bo día nenos e nenas, aquí vos deixo a proposta para hoxe.
Primeiro invítavos a confeccionar algún instrumento musical caseiro e deseguido, como non podía ser de outra maneira, anímavos a bailar e a disfrutar en familia.
Picade aquí para ver de que se trata.
Boa fin de semana.
DÍA 45
Enviado por admin o Mér, 29/04/2020 - 07:51DÍA 44
Enviado por admin o Mar, 28/04/2020 - 08:13Bo día nenos e nenas, picade aquí para ver a proposta de hoxe.
E como sei que vos gustou moito a actividade de onte coa auga, a proposta de hoxe tamén a podedes intentar así como se explica neste vídeo.
Pasádeo ben!
DÍA 43
Enviado por admin o Lun, 27/04/2020 - 07:56Malabares e volteos
Enviado por admin o Ven, 24/04/2020 - 16:25Boas tardes a tod@s.
Aquí vos deixo un video con novos retos para todo o cole.
Recórdovos que podedes enviarme os videos a marcos.carral.suarez@edu.xunta.es.
Un abrazo.
DÍA 40: TOCA SORPRESA!!!!
Enviado por admin o Ven, 24/04/2020 - 07:46Xa levamos 40 días na casa e, como cada 10 días, hoxe toca sorpresa!
Roque e Drilo queren presentarvos a un amigo deles, chámase Roberto, o neno do lume. No vídeo descubriredes porque lle chamaban así.
A Roberto o que máis lle gustaba era ler contos e buscar figuras nas nubes do ceo e, un día, cando estaba facendo isto, coñeceu a alguén.
Aquí tedes o vídeo onde poderedes coñecer a Roberto, pero estade moi atentos, porque axiña teredes máis noticias de Roberto e o seu amigo.
Ademais tamén vos invito a mirar o blog da biblioteca, pois hai novos contos para que disfrutedes en familia.
DÍA 39
Enviado por admin o Xov, 23/04/2020 - 08:05Ola nenos e nenas, é xoves, así que invítovos a que piquedes no apartado de Audición e Linguaxe porque a profe Sandra compartiu novos xogos connosco.
Tamén vos invito a que piquedes no enlace de Pedagoxía Terapéutica, pois a profe Carmen tamén nos trae novas propostas.
Ademais hoxe toca música e aquí vos deixo algunhas cancións para que movades o esqueleto:
DÍA 37
Enviado por admin o Mar, 21/04/2020 - 07:47- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »