PROGRAMA EDUEMPRENDE
Enviado por admin o Lun, 15/05/2023 - 20:11O venres pasado os alumnos e alumnas de 5º e 6º foron invitados polo IES CASTRO DA UZ de As Pontes, a participar nunha xornada formativa e moi divertida. A través do prorama ATRÉVETE asistiron a unhas charlas sobre emprendemento moi interesantes e despois recorreron varios talleres onde puideron participar en diferentes actiividades.
TODOS OS NENOS E NENAS QUEREN DARLLES AS GRAZAS AO CASTRO DA UZ POR FACERNOS PASAR UNHA MAÑÁ MOI ESPECIAL.
EMPRENDE - Kizoa Movie Maker
Milla Diaria e Móvete+
Dentro dos proxectos de vida activa e deportiva da Consellería de educación da Xunta de Galicia, o noso centro solicitou o Plan da Milla Diaria, un plan que busca axudar aos centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro/vida activa e saudable abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
O plan céntrase en realizar una milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo. Na milla diaria tamén incluimos a modalidade Móvete+, xa que os nenos e nenas cada 420m aproximadamente teñen un código QR que teñen que escanear para poder visualizar uns vídeos con diferentes pasos básicos de aeróbic. A través destas actividades pretendemos fomentar a actividade física a través de actividades con música e movemento, traballando tamén de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).
Aquí deixo algunhas imaxes nas que se pode ver a actividade:
EU RECOMÉNDOCHE...
Enviado por admin o Sáb, 13/05/2023 - 09:08Outra das actividades que realizamos con motivo da conmemoración da Semana do Libro foi esta que vos amosamos neste vídeo.
Cada neno debía recomendarlle a un compañeiro do cole un libro para ler.
Esta actividade resultou moi interesante, pois axiña que rematamos estas recomendacións, cada aula acudiu á biblioteca para buscar ese libro que nos recomendaran e poder levalo para ler.
SEMANA DO LIBRO
Enviado por admin o Xov, 11/05/2023 - 20:07O 23 de abril celébrase o Día do Libro. No noso colexio procuramos celebrar esta conmemoración durante todo o curso, pero nesta semana facemos actividades especiais. Unha das favoritas dos nenos e nenas é o apadriñamento.
Os maiores len contos aos máis pequenos, cada padriño ou madriña aos afillados. Esta actividade, ademais de fomentar a lectura, crea vínculos estreitos entre o alumando de diferente idade.
Neste video aparecen as imaxes desta actividade.
CAMPAMENTO DE ROBÓTICA
Enviado por admin o Xov, 11/05/2023 - 14:24Un ano máis, no cole contamos coa visita de Ana Armada que, por terceiro ano consecutivo, nos veu a falar do campamento de robótica, que terá lugar no mes de xullo nas Somozas.
Está subvencionado polo Concello de As Somozas e por Sogarisa.
Neste enlace tedes toda a información e os pasos a seguir para anotarse: https://www.tech-academy.eu/somozas
E picando aquí podedes ver un dossier informativo da actividade.
PRIMAVERA EN INFANTIL
Enviado por admin o Mér, 10/05/2023 - 18:46CELEBRAMOS O DÍA DE EUROPA
O día 9 de maio conmemoramos no noso centro o Día de Europa, calebrando a paz e a unidade en Europa. Esta data coincide co aniversario da Declaración Schuman, a cal se entende como o comezo da Unión Europea.
Aquí podedes ver algunhas fotos dunha actividade que se fixo no centro sobre as bandeiras dos países de Europa. Sorprendéronnos especialmente os máis futboleiros, xa que recoñecían a maior parte das bandeiras.
VERMES DE SEDA
Enviado por admin o Lun, 08/05/2023 - 17:25No colexio temos uns novos habitantes: vermes de seda.
Os nenos e as nenas da aula de Educación Infantil son os encargados do seu coidado e de informar ao resto das aulas da súa evolución (xa temos un capullo).
Xa descubrimos que comen moreira e canta comen, máis ou menos, cada día; o que precisan para que estean tranquilos,...
Estamos investigando sobre a vida destes animaliños e xa vos informaremos que pasa con ese capullo e se fan algún máis.
Axiña teredes máis noticias
ENQUISA CONVIVENCIA
Enviado por admin o Ven, 05/05/2023 - 10:32Bo día familias,
Con motivo de recoller datos e establecer novas pautas de convivencia, dende a Consellería, propóñenvos que realicedes unha enquisa anónima e voluntaria.
Para poder realizala tedes que picar no enlace e teclear o código que levarán os nenos nunha nota ao longo desta semana. O último día para cubrila é o 22 de maio.
Se vos animades, picade aquí.
Moitas grazas.
NOVOS XOGUETES PARA OS AREEIROS
Enviado por admin o Dom, 23/04/2023 - 22:00Hai un días recibimos da ANPA uns novos xoguetes para os areeiros do patio. Estamos moi contentos de poder xogar con eles!
Moitísimas gracias! Estamos a disfrutalos moito!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »