4º Curso

Ciencias

Boas tardes rapaces e rapazas!


Envíovos estas preguntas a modo de repaso do tema: 

Ciencias Naturais: REPASO TEMA 1: AS FUNCIÓNS VITAIS.

Ciencias Sociais: REPASO TEMA 1: AS ROCHAS E O RELEVO.

Se sodes capaces enviádeme confirmación de que as realizastes.

Aquí vos deixo o meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es

Apertas,

Irene

SEMANA DO 11 DE MAIO

Bo día!!!

Como vexo que faltan algúns nenos por enviarme as tarefas, imaxino que as teñen sen rematar.

Imos continuar esta semana cun repaso trimestral que vos enviarei por correo electrónico.

Coidádevos moito

Bicos

Mª Jesús

Ciencias sociais: Os tipos de paisaxe

Boas tardes rapaces e rapazas!

Envíovos estas preguntas a modo de repaso do tema: REPASO TEMA 4: OS TIPOS DE PAISAXE

Se sodes capaces enviádeme confirmación de que as realizastes.

A partir de agora faremos repasos e ampliacións pero dos temas xa traballados ata agora.

Aquí vos deixo o meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es

Apertas,

Irene

SEMANA DO 4 DE MAIO

Imos continuar co tema 10 de lingua, lengua castellana e matemáticas.

A finais de semana, mandarei por correo electrónico fichas de reforzo para as tres áreas.

Coidádevos.

Ciencias Naturais: Plantas

Ola nenos e nenas! Como vai o noso proxecto?

Agradezo que me mandedes fotos da evolución da vosa plantiña e as fichas de observación para ver como vai o traballo (algún xa o recibín).

Xa podedes parar de cubrir as fichas de observación se comezáchedes cando o publiquei na web.

Se aínda non empezáchedes, anímovos a comezalo agora :)

Espero que esteades desfrutando deste proceso tanto coma desfrutamos na clase, así de felices chegábamos cada día á aula a comprobar canto medraran:

  

 

  

 

Esta é a última foto que temos das que plantamos na clase:

Déixovos o meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es

Apertas,

Irene

LECTURA

Boa tarde!!

Quero facervos chegar este libro MI HÉROE ERES TÚ que vos pode entreter. Envíovolo para as dúas posibilidades: de lectura e de

audición.

Non vos olvidedes de mirar na páxina o apartado de ed. artística; atoparedes actividades relaxantes e divertidas.

Desexo que todos esteades ben.

Unha aperta

Mª Jesús

3ºTRIMESTRE

Ola a todos!!!!

Como xa puidestes ler na páxina principal, empezaremos co 3º trimestre.

Mandareivos o traballo desmenuzado por correo electrónico e esa será a vía para estar comunicados.

Como todos tedes os libros do 2º trimestre na casa, imos abordar dende o luns o tema 10 de matemáticas, de lengua castellana e de lingua galega.

Ademais, e tendo en conta que onte foi o día do libro, déixovos unha relación de libros que poderían ser entretidos.

Espero que sigades ben. Coidádevos moito. Bicos

 Mª Jesús

ACTIVIDADES DE REPASO

Ola a todos!!!!

Retomamos tarefas polo de pronto de repaso. Espero que recargarades pilas nestes días de vacacións un pouco raros, pero sen traballo do cole, que supoño que xa sería un alivio.

Déixovos unhas fichas de lengua castellana , fichas de matemáticas e fichas de lingua galega.

Consiste en que fagades cada día dúas fichas de cada asignatura, non mais. Se tedes algunha dúbida, non dudedes en poñervos en contacto conmigo.

Tivemos noticias de que no Concello se ofreceron para imprimirvos as fichas que precisedes, entón solo tedes que entrar na páxina e cada un imprimir as do seu curso.

Espero que sigades todos ben.

Coidádevos moito. Bicos

Mª Jesús

PLÁSTICA

Bo día!!!

Aquí vos deixo todos os vosos fantásticos traballos de collage para que os disfrutedes.

Espero que esteades ben.

Moitos bicos!!!

Mª Jesús

Ciencias - Xogo de mesa

Ola a todos e todas!

Déixovos un xogo de mesa que podedes descargar neste link (ou podedes ir á páxina web se non vos descarga ben, aquí).

Nel aparecen tanto contidos de ciencias como de outras temáticas. Teredes casillas nas que deberedes mostrar as vosas habilidades e coñecementos. Noutras poderemos observar información e consellos acerca dos virus.

Idade e número de xogadores.

Todos podemos xogar. Desde 2 a infinitos xogadores.

Que necesitas para xogar?

Un dado, unha ficha por xogador@, un móbil, lapis e papel. E moitas ganas de pasalo ben!

Como xogamos?

Como o clásico Xogo da Oca. Por turnos, lanzas o dado, móveste tantas casillas como sae no dado, e donde caes, fas a proba. Gana quen chega ao final coa tirada exacta.

 

Espero que o desfrutedes,

Irene.

 

Distribuir contido