ESCOLARIZACIÓN CURSO 2019/20
Enviado por admin o Ven, 02/01/2019 - 11:43
RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS
Dende o 1 ata o 15 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de primaria poda facer reserva de praza no instituto ao que estamos adscritos, o IES Castro Baronceli.
Para iso debe entregar a seguinte documentación no Ceip de Oimbra:(escoller unha das tres opcións)
- Impreso reserva de praza centros adscritos Anexo I galego, Anexo I castelán ( 3 follas ). Póden imprimir a solicitude, cubrirla con letra clara e lexible e entregala no Ceip de Oímbra.
- ou ben cubrir a instancia a través da sede electrónica no seguinte enlace. (Sede electrónica).
- tamén poden cubrir a instancia na aplicación admisiónalumnado e presentar a solicitude no Ceip de Oímbra.
A ter en conta:
- Para facer uso do dereito preferente debe presentarse a solicitude do 1 ao 15 de febreiro inclusives, de non facelo perderase este dereito.
- Si se reserva praza no IES Castro Baronceli e posteriormente queren cambiar para outro distinto, hai que renunciar á praza reservada mediante escrito que se presentará no IES Castro Baronceli. En caso contrario as dúas solicitudes quedarán anuladas. Soamente pode haber unha solicitude de reserva en un centro.
- De non querer reservar praza no IES Castro Baronceli hai que esperar a marzo cando se abra o prazo para o resto de institutos aos que non estamos adscritos.
Perda do dereito de prioridade:
- As solicitudes presentadas fora de prazo.
- Presentar máis de unha solicitude.
- As solicitudes que conteñan datos ou acompañadas de documentación que non se axusten ás circunstancias reais dos alumnos/as.
Lexislación aplicable:
Poden consultar toda a información relativa ao proceso e a documentación no seguinte enlace.
Resumo dos prazos
Reserva de praza nos centros adscritos |
do 1 ao 15 de febreiro ambos inclusive |
Publicación de normativa e prazas | 28 febreiro |
Proceso de admisión anexoII | do 1-20 de marzo |
Prazo entrega documentación (só en caso de ter que baremar) | do 25 marzo ao 5 abril ambos inclusive |
Exposición listado provisional de admitidos e non admitidos | |
Periodo de reclamación | |
Exposición listaxe definitiva de admitidos e non admitidos | |
Período de matrícula | |
Matrícula de infantil e primaria | do 20 ao 30 xuño |