Benvidos ao novo curso escolar 2014-15

A partir do mércores 10 de setembro o colexio comeza oficialmente as súas clases para dar inicio ao novo curso. Dende a Dirección queremos dar, un ano máis, a benvida a todas e todos, e especialmente ás novas familias, ao novo alumnado, profesorado e persoal non docente. Lembrarvos tamén que nesta web teredes información continua e actualizada (profesorado, materiais, horarios, actividades, etc). Por último animarvos a participar enviando suxerencias ao enderezo ceip.oimbra@edu.xunta.es . Bo curso.

Horario do mes de setembro:

Clases:

8:45 ata as 13:00

Comedor:

13:00 ata as 13:30

Powered by Drupal - Design by artinet