blogue deadmin
FROITA FRESCA. FOGGA
Esta axuda ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.
A axuda está destinada ás nenas e aos nenos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
Segundo ciclo de educación infantil.
Educación primaria.
Educación secundaria obrigatoria.
Comunicámoslle nas semanas que se indican, de luns a venres, na hora do recreo, o centro repartirá froita fresca a todo o alumnado dentro do programa "Froita na escola" que subvenciona o FOGGA.
- Do 16 ao 20 de xaneiro.
- Do 13 ao 19 de febreiro.
- Do 20 ao 26 de marzo.
- Do 22 ao 28 de maio.
Durante estas semanas non é necesario que os nenos traian bocadillo de media mañá e tamén é probable que sobre froita e quede para a seguinte semana.
Axuda para material 2015-16
SOLO PARA PRIMARIA. A partir de hoxe dia 2 de setembro e ata o próximo día 1 de outubro do 2015 podedes acercarvos polo centro a recoller a documentación necesaria para tramitar a axuda. Ou ben imprimir o anexo I (que son tres follas) e entregarmo xa cuberto. Para descargar o anexo descargar aquí.