Durante a Semana do Libro (do 17 ao 21 de abril de 2023) dende a Biblioteca tivemos varias actividades:
CREACONTOS: Actividade onde escribimos historias con dados xigantes e que logo os máis pequenos titularon. As nosas creacións están xa colgadas nas ventás da Biblioteca:
CULTURA POR SOLIDARIEDADE: Na que os voluntarios de 5º e 6º de Educación Primaria intercambiaron libros por produtos para o banco de alimentos de Foz e para a Protectora de Animais.
Queremos agradecervos a gran colaboración que tivemos por parte de toda a comunidade educativa.
GRAZAS de todo corazón!!!