Skip to Content

LETRA A

 

Ola nenos e nenas!!!

 Hoxe comezamos con un pouquiño de música coa nosa canción da letra A.

A cantar!!!

Os nenos e nenas que estades na casiña, despois de cantar a canción, pensade nos nenos e nenas que hai na clase de 3 anos A. Hai unha nena e dous nenos que teñen un nome que empeza coa letra A. Acordádesvos?

Podedes debuxalos e escribir a inicial do seu nome. Animádevos, sairán uns debuxos xeniais!!!

Outro traballiño que podedes facer é o da CASTAÑA. Nesa palabra tamén hai letra A.

Tamén vos deixo un xoguiño de sons para pasar un momentiño divertido.

SONS

 

Biquiños!!!

 



page | by Dr. Radut