Dado o carácter voluntario da etapa de Educación Infantil, a continuación expoño unha serie de recomendaciós para levar a cabo durante o período establececido de suspensión da actividade lectiva. Son as seguintes:
- Contar obxectos habituais do día a día, animais, elementos naturais (pedras,paus…).
- Buscar e recoñecer os números nos elementos da contorno: calendarios, sinais, carteis…
- Identificar cores.
- Realizar actividades plásticas: cortar, rasgar, cortar papeis, dobrar papeis, plastilina, pintar…
- Buscar formas xeométricas nos obxectos cotiáns: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo…
- Comparar e clasificar obxectos por tamaños: grande, mediano e pequeño.
- Sinalar as partes do corpo en sí mesmos e nos demais. Podedes incidir sobre o coidado do corpo e tamén aproveitar para o tratamento da hixiene do corpo.
- Realizar un debuxo da figura humana. Conforme vai aumentando a idade dos nenos, os debuxos serán máis precisos e con máis detalles.
- Facer debuxos libremente e explicar o que debuxaron.
- Lerlles contos, poesías, adiviñas, xogos de palabras…Tamén eles poden contar un conto, xogar a modificar a historia, cambiar o final, inventar un personaxe novo…
- Ofrecerlles diferentes textos escritos sobre todo aos maiores, periódicos, revistas, receitas…
- Recoñecer letras en contos, imaxes…intentar adiviñar que pon, copiar palabras, ler palabras…
- Xogos de mesa, actividades en familia, xogos de movemento: reptar, gatear, saltar, correr…
- Falar moito con eles/elas de temas variados, empregando unha linguaxe normal, non de bebé. Correxilos cando vexades que poden falar mellor ou que empregan palabras que non corresponden ca súa idade.
- Xogar: construccións, pelotas, cartas, puzlles… sobre todo que disfruten.
- Darlles autonomía nas actividades diarias. Son capaces de facer máis cousas das que imaxinamos. Darlles responsabilidades, que axuden nas tarefas diarias.
A continuación déixovos (no arquivo adxunto) unhas ideas por idades do que os nenos/as por idades son capaces de facer.
Un saúdo