Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021.
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de MARZO inícianse o proceso de admisión de alumnado, regulada nas seguintes ordes:
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do
1 ao 20 de Marzo de 2020 na secretaría do centro no seguinte horario:
-LUNS, MARTES, MÉRCORES, XOVES, VENRES de 10.00h a 10:50h.
- Xoves: 15:30 a 17:15 h.
As prazas vacantes para este curso 2020/2021 son as seguintes:
ETAPA |
NIVEL |
PRAZAS VACANTES |
|
|||
2º CICLO INFANTIL |
MIXTO INFANTIL |
3 ANOS |
9 |
|
||
4 ANOS |
2 |
|
||||
5 ANOS
|
2 |
|
||||
EDUCACIÓN PRIMARIA |
1º |
2 |
|
|||
2º |
2 |
|
||||
3º |
2 |
|
||||
4º |
9 |
|
||||
5º |
3 |
|
||||
6º |
2 |
|
||||
|
|
|
|
|
||
Este ano pódese crear a instancia de xeito telemático ou manual.
No seguinte enlace teñen o manual para crear a solicitude de admisións de xeito telemático.https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/Axuda.action
Para crear a solicitude terán que acceder a seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/manual_familias_admision.v.04.pdf
Tamén se pode crear a solicitude en papel entregándoa no centro educativo:
Nos documentos adxuntos, poden descargar o modelo normalizado de solicitude de admisión, tanto en galego (ED550B-G) como en castelán (ED550B-C), que deberán presentar as familias no centro educativo entre os día 1 e 20 de marzo, ambos inclusives.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-G.pdf | 1.13 MB |
ED550B-C.pdf | 1.13 MB |