Skip to Content

Eco-Patrulla

ECOPATRULLA DE 4ºEP. APOIO A INFANTIL

ECOPATRULLA DE 4º DE APOIO A INFANTIL

Curso 23-24

 

 

 

 Xa está en marcha a ecopatrulla de 4º de primaria que apoia a infantil nas tarefas de reciclado e compostaxe.

Este ano xa somos uns expertos. Os cativos de infantil tiran o lixo nas papeleiras correspondetes que teñen nas súas aulas, e a ecopatrulla vai cada día a recollela e botala aos contenedores exteriores de plástico e papel. Tamén levan os restos orgánicos ao composteiro.

COMPOSTEIRO

 

COMPOSTEIRO

Curso 22-23

 

O noso composteiro está a funcionar perfectamente grazas ás patrullas ecolóxicas dos alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria.

Hai unhas semanas estivo a mestra composteira do concello de visita para comprobar qué tal iba o noso compost, e a nosa sorpresa foi inmensa ao saber que estando a 4º a temperatura ambiental, o compost estaba a 35º.

O proceso fano todo eles mesmos. Todo o alumnado do colexio leva os restos orgánicos aos puntos de recollida, as ecopatrullas levano dos puntos de recollida ao composteiro e comproban que non teñan restos doutros materiais que poidesen ser perxudiciais para a vida dos bichiños que elaboran o compost. Bótanlle estructurante ( follas secas) e tres días á semana remexen co aireador.

Dende aquí queremos agradecerlle a súa labor. Con este compost teremos unhas colleitas moi saudables.

Moitas grazas a todo o alumnado!!!

 

 

PATRULLAS ECOLÓXICAS EN ACCIÓN

reciclaje organico | Imagenes de reciclaje, Viaje con amigas, Reciclajereciclaje plastico | Reciclaje, Reciclaje plastico, Disenos de unasreciclaje papel | Imagenes del medio ambiente, Disenos de unas, Reciclaje

 

PATRULLAS ECOLÓXICASReciclaje – UN MUNDO DE MATERIALES 

Curso 22-23

As patrullas ecolóxias de 5º e 4º xa están en marcha. Cada unha coas súas responsabilidades.

A eco-patrulla de 5º está formada por un equipo de 10 nenos e nenas que se encargar de regar as plantas, revisar a horta e a milla. Tamén vacian o contenedor dos restos orgánicos que hai no  patio no composteiro.

A eco-patrulla de 4º está formada por un equipo de 6 nenos e nenas que se encargan de axudar aos pequeños de infantil nas tarefas de reciclaxe. Ao rematar o patio pasan pola zona de infantil e vacían as súas papeleiras ( papel, plástico e compost) no seu lugar correspondente.

 

Están a facer un excelente traballo! Noraboa!

 

 

LIMPAMOS O PATIO

 

RECOLLIDA DE LIXO

CURSO 21-22

 

Encántanos ver como xurden iniciativas dos propios rapaces e rapazas. Os alumnos de 4º decidiron facer equipos de recollida no patio porque viron que había algo de lixo.

 Estas actividades espontáneas, que os mestres e mestras apoiamos e fomentamos, fannos moitísima ilusión.

Bo traballo equipo!!

 

 

ECO-PATRULLA

 

ECO-PATRULLA EN MARCHA

Curso 21-22

 

Xa temos funcionando o equipo Eco-Patrulla e fan unha labor primordial no centro. Está formado por 6 nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, que van rotando por semanas. 

As súas tarefas son:

-Revisar a horta, sacar malas herbas se houbese moitas e regar.

-Revisar todas as plantas do colexio e regar unha vez por semana.

-Manter o circuito da Milla en boas condicións e informar se hai algún desperfecto.

-Cando comecemos as tarefas de compostaxe terán algunhas responsabilidades que aínda están por determinar.

-Revisar os bancais de interior e regar se é preciso.

Todo isto queda rexistrado no libro da Eco-Patrulla.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut