Skip to Content

Actividades en familia

ENTROIDO NATURAL.

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DE ENTROIDO CON ELEMENTOS NATURAIS.

Curso 21-22

 

Seguindo coa temática do noso proxecto de centro deste ano, Naturalíza-T,  o entroido non podía ser menos. 

Pedímosvos de novo a vosa colaboración, elaborando voluntariamente unha máscara de entroido con elementos naturais ou de refugallo. Deste xeito contribuimos co coidado do planeta, reciclando, reducindo e non xerando lixo.

Coma sempre a vosa participación e creatividade sempre nos sorprende.

Deixámosvos un pequeniños vídeo para que as vexades, son realmente espectaculares todas!!

Moitísimas grazas por facer da vosa casa un recunchiño máis do cole. 

 
 
 

RECEITAS DE GRELOS DA NOSA HORTA

RECEITAS DE GRELOS

Curso 21-22

Os nenos e nenas de 5 anos de infantil fixeron moitas receitas elaboradas polas familias cos grelos que eles mesmos cultivaron na horta do cole.

Plataron os grelos en outubro e este mes xa estaban listos para comer. Levaron un puñado de grelos para a casa e con eles elaboraron, coa axuda das súas familias unhas exquisitas receitas, ao tempo que traballaron lectoescritura, xa que as receitas están escritas por eles.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo no que podedes ver as receitas.

 

 

 

Naturaliza-T no Entroido.

Entroido Natural.

Ordes do Meco.

O meco é unha persoaxe que entraña as datas do entroido. Se nos remontamos moitos anos atrás, na época dos nosos avós ou avoas, os seus difraces eran de elementos naturais, o típico daquela época.

O meco que manda moito e máis, deixounos as súas propostas para esta semana do 21 ao 24 de febreiro, para que os mestres, alumnado e as familias deixaran voar a súa imaxinación. Aquí vos deixamos boa mostra do creativa e inxeniosa que é a nosa comunidade educativa.

O luns:

 

 O Martes:

 

O Mércores: 

 

O Xoves: 

Entroido

Entroido

Con motivo do entroido que terá lugar a finais do mes de febreiro, animamos a todo o alumnado e as súas familias a decorar un anteface ou máscara, con elementos naturais, En Galicia temos unha gran riqueza de entroidos que queremos poñer en valor. O alumnado traerá as creacións ao colexio, antes do venres día 18 de febreiro, data na que se exporán no corredor central do colexio. A exposición rematará o venres 25 de febreiro, día no que o alumnado levará os seus traballos para casa.  Aquí deixamos ideas como recurso para ese gran traballo. Agradecer de antemán a colaboración e creatividade de todas as familias nas propostas de Voz Natura.

Modelos de antefaces e máscara con elementos naturais.

 

Aquí vos deixamos modelos de antefaces e máscaras que podedes imprimir.

Xa empezan a chegar as primeiras  creacións do noso alumnado e das súas familias, aquí vos deixamos para que vexades o bonitas que están.

RECEITAS SAUDABLES

ENSALADAS.

O alumnado de 5 anos, no mes de setembro levamos leitugas para casa, xa que atopamos, na nosa horta moitas que medran no verán.

Deixamos que medraran nas nosas casas con moito agarimo e os mellores coidados.

Agora no mes de xaneiro, xa estaban grandes e apetitosas para facer ricas ensaladas. Aquí vos deixamos as nosas receitas para que vexades o saudable que comemos os/as nenos/as de 5 anos.

EXPOSICIÓN DE ADORNOS

 

EXPOSICIÓN DE ADORNOS CON ELEMENTOS DA NATUREZA  OU RECICLADOS.

Curso 21-22

 

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que recolle todo o voso traballo. Coma sempre moitísimas grazas por participar e animarvos a facer esta actividade en familia.

Esperamos que todos estes preciosos adornos vos acompañen nestas festas.

Que teñades un moi bo Nadal!!Felices Festas!!

 

Tamén contribuímos ca iniciativa de Voz Natura dos Eco-retos,o de decembro anímanos a reutilizar calquera material ou obxecto. Eco-reto decembro: Reutilizamos

ZONA DAS SEMENTES

 

ZONA DAS SEMENTES

Curos 21-22

 

Este ano gracias a vós imos ter una colleita moi ecolóxica, temos sementes de sobra para plantar. 

Coma sempre é un pracer contar con familias así que se apuntan a participar e colaborar con calquera actividade ou proposta que facemos, que as veces sabemos que pode facerse complicado debido ao nivel de vida que levamos pero sempre sacades un oco.

Esta é un pequeno vídeo con todas as sementes que nos foron chegando ao longo destes días.

Agora empezaremos a facer semilleiros e na primavera xa poderedes empezar a ver os froitos na horta.

 

 

EXPOSICIÓN DE ELEMENTOS DECORATIVOS

 

EXPOSICIÓN DE ELEMENTOS DECORATIVOS

Curso 21-22

 

Como xa sabedes, este ano o noso proxecto de centro é Naturalíza-Te, dende Voz Natura temos unha misión moi importante, animarvos  a facer actividades en familia nas que aproveitemos todas as posibilidades que nos da a natureza. Temos dúas peticións:

  •  Esta vez gustaríanos facer unha exposición  de adornos decorativos.  É moi sinxelo, podedes elaborar centros de mesa, xarróns, elementos para o xardín, decoración para portas… empregando na maior parte, elementos naturais coma follas, piñas, paus, noces, troncos…

           Con todas elas faremos unha exposición no corredor principal da         planta baixa. Logo colgaremos un       vídeo que poderedes ver na nosa páxina web do cole.A data límite de entrega é o día 10 de decembro.

           Coma sempre, é voluntario, pero animámosvos a participar e a realizar esta actividade en familia, é              unha forma de reutilizar, reciclar e reducir así axudamos á non contaminación do planeta empregando os elementos que ela mesma nos da.

 

  • Queremos pedivosr unha cousiña máis, como este ano, na horta gustaríanos plantar o máis ecolóxico posible. Pedímosvos sementes, teñen que ser da casa, non merquedes. Podedes mandalas nun sobre ou bolsiña de plástico co nome da semente por fora.

 

AS FAMILIAS ANÍMANSE COAS SEMENTES

FOTIÑOS DAS FAMILIAS

Algunhas das nosas familias animáronse a enviarnos algunhas fotos facendo as actividades propostas dende Voz Natura. Neste caso extraen sementes de cabazas e sandías.

Moitas gracias por achegarnos as fotografías!!

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2021-22

A NOSA EXPOSICIÓN DE CABAZAS.

Curso 21-22

Todo o traballo das familias deu o seu froito. Chegaron moreas de cabazas de diferentes tipos, formas e cores . Tamén  trouxestes alimentos que podemos obter delas: cabelo de anxo, pipas de cabaza, mermelada... ,incluso esponxas naturais que se poden facer cun tipo de cabaza, a luffa.

Moitas grazas pola vosa implicación. 

 

Actividad Deportiva en Tui

I Feira da Cabaza nas distintas parroquias ao longo do mes de outubro en Tui

EXPOSICIÓNS,DEMOSTRACIÓNS GASTRONÓMICAS, VISITAS GUIADAS...

Ao longo de todo o mes de outubro se vai celebrar no municipio tudense a I Feira da Cabaza con exposicións en moitas das parroquias tudenses e rutas de sendirismo guiadas: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns acolllerán de forma simultánea e paralela ao longo do mes de outubro exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha delas. Unha mostra de produtos que irá medrando semana a semana, e na que se poderán ver múltiples variedades de cabazas, e algunhas de gran tamaño.

A Feira pecharase o sábado 30 e o domingo 31 de outubro en Tui centro cunha gran exposición e venda de cabazas e actividades paralelas con obradoiros tanto para público infantil coma adulto. Tamén cada fin de semana continuarán as visitas guiadas a pozas e regadíos nas parroquias que leva a cabo o club AndaTui.

Nas rutas previstas visitarán boa parte das pozas e regadíos existentes en cada parroquia para explicar a importancia que tiñan no cultivo da cabaza.

A feira está organizada pola Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, Comunidade de Montes de Baldráns, Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, Pancho Cultural de Randufe, e Asociación Cultural San Fins de Rebordáns, contando coa colaboración do Concello de Tui. 

 

Dende o cole queremos unirnos a esta iniciativa e facer a nosa propia exposición de cabazas.

 

I Feira da Cabaza

LUGARES DE EXPOSICIÓN

  • Areas - Centro Cultural
  • Baldráns – Casa da escola
  • Caldelas – Multiusos da Comunidade de Montes
  • Guillarei – Centro Cultural
  • Paramos – Local no Monte das Penizas
  • Pazos de Reis – Centro Cultural
  • Pexegueiro – Centro Cultural
  • Randufe – Pancho Cultural
  • Rebordáns – Centro Cultural

RUTAS de Sendeirismo GUIADAS

 

  • Sábado, 2 de outubro ás 10 h. Paramos.  Saída dende o Alto das Penizas
  • Domingo,  3 de outubro ás 10 h. Caldelas. Saída dende o local da Comunidade de Montes na ribeira   
  • Sábado,  9 de outubro, ás 17 h.  Guillarei. Saída dende o casa  cultural
  • Domingo, 10 de outubro, ás 10 h. Rebordáns. Saída  dende  a casa cultural 
  • Martes, 12 de outubro, ás 10 h. Randufe. Saída dende o adro da Guía 
  • Sábado, 16 de outubro, ás 17 h. Pazos de Reis. Saída dende casa cultural no Anxo
  • Domingo, 17 de outubro, ás 10 h. Pexegueiro. Saída   dende a casa cultural
  • Sábado, 23 de outubro ás 17 h.  Baldrans. Saída dende a casa cultural
  • Domingo, 24 de outubro, ás 10 h. Areas. Saída   dende a casa cultural
  • Domingo, 31 de outubro, ás 10 h. Tui centro. Saída dende  o Paseo da Corredoira.

Máis información na web do Concello de Tui.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut