FÚTBOL TYDE
O equipo alevín do Tyde disputou a pasada fin de semana O Torneo de Fútbol de Versmold xunto a equipos alemáns, polacos e serbios
O equipo alevín do Tyde F.C. do que forman parte varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui, Alejandro Areal, Itzan Nuñez, Nico Alvarez, Gonzalo Alonso e Borja Salvado, viaxaron o pasado xoves á localidade de Versmold, en Alemaña, onde de venres a domingo disputaron o Torneo U11 Champions Cup xunto a equipos alemáns, polacos e serbios. A participación do equipo tudense nesta competición xurdiu do irmanamento entre Tui e Versmold.
Despois de varios e intensos partidos durante todo o fin de semana, o equipo tudense conseguía un destacado 6º posto. Isto supuxo toda unha experiencia para toda expedición tudense.
Noraboa a toda a expedición e ao clube polo seu bo facer.
http://www.goear.com/listen/778e7d5/programa-70-tyde-escoita-deporte-rmt