C.B. TUI
Jorge Prieto, Lois Alonso e Cristiano Artur no
14º Torneo Minibásquet 2014
C.B. Seis Do Nadal Coia Vigo
Os alumnos Jorge Prieto de 6ºB, Lois Alonso de 6ºA e Cristiano Artur de 4ºB, veñen de participar a pasada fin de semana do 3 e 4 de maio, no 14º Torneo Minibásquet 2014 que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal de Coia en Vigo.
O equipo alevín do Club Baloncesto Tui, ao que pertencen, tivo que disputar varios partidos para situarse ao final do torneo na metade da táboa clasificatoria.
Jorge compartiu cos seus compañeiros de clase a súa medalla e triunfo, como podedes ver nas fotos.
Os nosos parabéns para o Club Baloncesto Tui e para estes grandes xogadores.