Skip to Content

CONTACONTOS MÁIS RETRANCA

Máis Retranca TVG
A alumna do Ceip Nº2 de Tui Carla Martínez de 4ºB, ven de participar na grabación do programa da TVG “ Máis Retranca”, presentado e dirixido por Toñito de Poi.
Dita grabación tivo lugar en Tui o pasado domingo día 9 de febreiro.
Carla participou con outros monologuistas, contando contos, sendo a única nena dos concursantes. Así mesmo, obtivo un galardón participativo como podedes ver nas seguintes fotos. Dita grabación será emitida pola TVG a finais de febreiro. Toda unha experiencia para esta alumna, que disfruta moito contando chistes e contos. Aquí podedes ver as fotos da grabación e do momento no que compartiu o seu premio cos seus compañeiros de clase.

   


page | by Dr. Radut