Skip to Content

V Campionato de España de Fondo- Trial de Inverno 2014

V Campionato de España de Fondo- Trial de Inverno 2014

Jesús González Campeón de España de Remo

  (Antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui)

 

O pasado Domingo 2 de Febreiro, nas instalacións da Cecar da Catuxa de Sevilla, celebrouse o V Campionato de España de Fondo por clubes, na distancia de 6.000m-Trial de Inverno.

Jesús González, antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, proclamouse Campión de España na Categoría Absoluta Masculina de Remo 2 sen Timonel, xunto ao seu amigo e compañeiro de equipo Sergio Pérez. Estes dous remeiros pertencentes ao Club Remo Tui, acadaron a medalla de Ouro.

Así mesmo, Alfonso Riveiro pai do alumno Jesús Riveiro do Ceip Nº2, que tamén participaba en dita proba xunto ao seu compañeiro de equipo Diego das Dores e ambos, pertencentes tamén ao Club Remo Tui, remataron en décima posición.

Canda eles, o triunfo na categoría de Skiff Absoluto Feminina sería para a tamén deportista do Club Remo Tui, Nuria Domínguez, que se alzou coa medalla de Ouro.

Escoita a súa entrevista en escoita deporte:

http://www.goear.com/listen/45cdfed/programa-32-jesus-gonzalez-escoita-deporte-rmt

Noraboa por estes grandes éxitos, para estes grandes deportistas!

 


page | by Dr. Radut