Skip to Content

II Gala do Deporte Tudense

 

 

    O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui aproveita para felicitar ás persoas e entidades galardoadas  na gala do deporte de Tui, en especial a aquelas vinculadas ao centro educativo.

 

    O día 29 de novembro celebrouse a II Gala do Deporte en Tui, na que a nosa Agrupación recibiu un recoñecemento con MENCIÓN ESPECIAL A OUTRAS ENTIDADES.

    Estamos encantados con este galardón, que valora o traballo dende hai anos de todos os que formamos parte deste grupo,  a base de ilusión, entusiasmo e tempo roubado ás nosas vidas privada.


    Que exista un calendario de actividades deportivas tan extenso como  o noso - un dos máis amplos e mellor xestionados das Agrupacións Deportivas de Galicia- é soamente grazas ao esforzo da nosa xente, á colaboración dos concellos e entidades locais e, sobre todo, ao entusiasmo  dos escolares por participar no campo a través, voleibol, bádminton, tenis de mesa, duatlon, biatlon, atletismo divertido, dinamizacións en horario escolar... e no que se lles ofreza.
Moitas Grazas! 

 

Así mesmo foron galardoados nesta gala os antigos alumnos do Colexio:

 

Iván Alonso. MELLOR DEPORTISTA MASCULINO

Ana Rodríguez. MENCIÓN ESPECIAL Á CARREIRA DEPORTIVA.

Uxía Pérez.MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA.

 

Noraboa!

 

 

 

 II Gala do Deporte Tudense

 

   O pasado Venres día 29 de novembro, celebrouse no Teatro Municipal de Tui a segunda edición da Gala do Deporte Tudense, acto no que se recoñeceu aos deportistas e entidades deportivas máis destacadas do presente ano.
  Nesta segunda edición, o xurado encargado de decidir os galardoados estivo integrado por Nicolás Lorenzo, concelleiro de deportes de Tui; Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, colaborador con varios clubs e probas deportivas no noso concello, director de procesos sen ingreso e urxencias da área sanitaria de Lugo-Cervo-Monforte, membro do Comité Autonómico de Ética da investigación clínica e vocal da xunta directiva do Colexio Oficial de Médicos da Coruña; Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico; Eduardo Sousa, xerente deportivo, que foi presidente e adestrador do Club Kayak Tudense, árbitro de baloncesto da primeira división nacional, e comentarista deportivo en diferentes medios de comunicación; e Justi Peixoto, director do programa deportivo "Escoita Deporte" da RMT.
   Nesta segunda gala, amais dos premios aos mellores deportistas tudenses do 2013, houbo tamén un recoñecemento honorífico a diferentes persoas que traballaron durante moitos anos en pro do deporte tudense.
   Para o concelleiro de deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, con este evento ponse o broche final a un ano excelente no ámbito deportivo por importantes galardóns para os deportistas tudenses, froito do seu esforzo e dun amplo tecido asociativo que garante este alto nivel no deporte tudense.
 
  A gala contou coa actuación de tres grupos deportivos, que xunto aos vídeos dos premiados e o homenaxe a distintas persoas que traballaron en pro do deporte tudense durante moitos anos, conformaron un acto sinxelo e emotivo.

PREMIOS DE HONRA 2013:
- Juan Carlos Solla Fernández
- Segundo González González
- Juan José Ricón Soliño
- Julio Sousa Pérez
- J. Manuel Quintana Álvarez
- Juan Ramón Alonso Solleiro
- José Martínez Tato
- José Prada Álvarez
AGRUDEBAM - Agrupación Deportiva do Baixo Miño
MELLOR FIRMA COMERCIAL OU ENTIDADE COLABORADORA - Thermalia Tui
MELLOR CLUBE OU ENTIDADE NO FOMENTO DO DEPORTE BASE - Club Baloncesto Tui
MELLOR DEPORTISTA PROMESA MASCULINO - Luís Fernández
MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA - Uxía Pérez
MELLOR CLUBE OU ENTIDADE DEPORTIVA - Clube Balonmán Tui
MELLOR ADESTRADOR - Manuel Pedrares do Kayak Tudense
MENCIÓN ESPECIAL Á CARREIRA DEPORTIVA - Ana Rodríguez
MELLOR DEPORTISTA FEMININA - Leticia Fernández
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO - Iván Alonso Lage

Noraboa a todos!

https://plus.google.com/photos/109772694427697704633/albums/5951840719886846433?banner=pwa

 



page | by Dr. Radut