Xornada de Formación para as familias e profesorado: “Educar en igualdade de Xénero. A importancia dunha Educación sexual en calidade”.
Terá lugar o vindeiro 14 de novembro de 2023, de 16:30-18:30h no salón de actos do centro, coa pedagoga e sexóloga Erea Devesa. Está destinada a familias, profesorado e aberta a todas aquelas persoas que queiran participar de tod@s os centros educativos e contorna.
O CEIP Nº2 aposta dentro do proxecto diverxente, para dar resposta aos ODS da axenda 2030, neste caso: ODS 5: Igualdade de xénero, ODS 4 Educación de Calidade e ODS 3: Saúde e benestar. Agardamos a vosa presenza e participación nesta xornada educativo-formativa por unha a comunidade educativa unida.