NORMAS BIBLIOTECA ESCOLAR
NORMAS DA BIBLIOTECA
-Gardar silencio ou falar moi baixo para non molestar a quen alí se encontre.
-Andar a modiño.
-Non levar bebidas nin alimentos.
-Respectar os materiais.
-Utilizar os marcadores correctamente para evitar descolocar os diversos materiais.
-Non se poderá sacar ningún material da biblioteca se non se anota o préstamo no ordenador.
-Devolver o material no prazo indicado ou facer unha renovación de préstamo.
-Os mestres e mestras poderán coller os materiais que precisen, previa anotación do préstamo, ben para uso particular ou como biblioteca de aula.
-Os dicionarios e enciclopedias non se prestarán.
-Os materiais prestados deben devolverse no mesmo estado no que se sacaron.
-As encargadas e encargados deben ser puntuais e non faltar a súa quenda.
-As encargadas e encargados deben estar identificados. É obriga de todas e todos o coidado do material, así como manter a biblioteca limpa e ordenada.
-Tres ordenadores da biblioteca serán para tarefas escolares do alumnado.
-Deixar todo ordenado antes de saír.