O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui recibe o Intercambio de alumnado Erasmus+
O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui recibe o Intercambio de alumnado Erasmus+
Dentro do Programa Europeo Eramus+ que O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui estamos a levar a cabo durante os cursos 2018-2021 co nome de “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, o alumnado de Educación Primaria está a participar dende o mércores 16 ata ao venres 18 de xuño de 2021, nun “Intercambio virtual de alumnado a corto prazo” polo que visitaran o noso centro o alumnado do CEIP As Culturas de Torrevieja (Alacante) e o alumnado do Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz de Portugal.
Este Intercambio de alumnado, estaba previsto para o curso pasado, onde o alumnado do CEIP Nº2 de Tui tiña previsto recibir ao alumnado das escolas anteriores para compartir unha semana de experiencias aquí en Tui. Debido ás circunstancias derivadas da pandemia tivo que ser cancelado.Este curso esperábamos poder recibir a todo o alumnado na nosa cidade, pero finalmente a viaxe e traballo do proxecto será virtual, para poñer en valor estilos de vida saudables e felices na Península Ibérica.
Este será a derradeira dun conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España, Italia e Portugal.Estas mobilidades teñen como obxectivo involucrar ao alumnado no proxecto, investigando e levando a cabo traballo de acondicionamento físico, talleres de alimentación saudable e clases de meditación, atención plena e Mindfulness.
Durante a actividade o alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui aprenderán sobre a importancia de convivir cos seus compañeir@s das escolas de Alacante (en España) Figueira da Foz (en Portugal), explorarán aspectos relacionados co proxecto de ambas culturas, respectando a cultura dos outros á vez que son embaixadores do seu propio país.Estes días, o alumnado de Tui, terá a oportunidade de integrar nas clases da nosa escola, ao alumnado visitante, para compartir cultura, historia deportiva e dietética da nosa rexión e participaran en actividades físicas, para gozar cos seus compañeir@s. Isto incluirá contacto coa lingua materna (Galego, Español e portugués), mellora no idioma do proxecto (inglés), historia, cultura, artes e educación física.
A participación nestas actividades aportará resultados moi positivos, podendo o alumnado comparar e contrastar as súas tradicións en actividades físicas e alimentación saudable, coas tradicións de Portugal e Alacante, escolas da Península Ibérica . Isto desenvolverá unha maior conciencia da diversidade cultural podendo incorporalos a aspectos das súas vidas cotiás.Outro obxectivo fundamental deste Intercambio é desenvolver habilidades para a vida, coma a tolerancia, o respecto, a independencia, a autonomía e o traballo en equipo.
Este será o derradeiro viaxe de Intercambio do alumnado do noso centro.Durante o curso 2018 tivo lugar a primeira viaxe de Intercambio do alumnado do CEIP Nº2 ao Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira, que durante unha semana estivo en Figueira gozando de todo o que esta oportunidade lles ofreceu.Tamén está pendente de levar a cabo a última viaxe de formación para profesorado, que está prevista para finais do mes de xuño. Previsiblemente será tamén de xeito virtual e será o punto de avaliación do traballo en equipo, das 5 escolas participantes no proxecto.
MÉRCORES 16 DE XUÑO MINDFULNESS
O mércores 16 de xuño de 2021 levouse a cabo a presentación das escolas que participan na viaxe virtual coa participación de do alumnado de 6ºA do noso centro e das escolas participantes.
Posteriormente tamén se levou a cabo, unha sesión de Mindfulness, na que participou o alumnado de 6ºB, coa colaboración da Especialista en Ioga Vanesa Rodríguez. Unha oportunidade para coñecer ferramentas para unha boa saúde física , mental e emocional.
Os compañeiros de Figueira da Foz tamén traballaron virtualmente Mindfulness. Aquí nos fixeron chegar o seu bo facer.
Vanesa Rodríguez aproveitando que a vindeira semana o 21 de Xuño de 2021 é o día Internacional do Ioga, deixanos un reto: 108 saudos ao sol para que practiquemos este verán.
XOVES 17 DE XUÑO NUTRICIÓN
O xoves 17 de xuño de 2021, realizamos unha xornada de Nutrición, coa colaboración de Ana Laura Fariña especialista en dieta e nutrición. Ela faloulles ao alumnado de 6º A e das escolas que nos visitan da importancia de unha alimentación sá e saudable.
Pincha sobre a imaxe para ver o Power Point da explicación.
Tamén vos deixamos o puzzle do nutriplato para que o descarguedes o vos animedes a facelo.
Posteriormente realizamos un nutriplato para consolidar os aprendizaxes da xornada, así como a un taller sobre a compra organizando os nutrientes.
Nesta xornada tamén participou o alumnado de 2ºB aos que lle encantou elaborar o seu nutriplato e levalo para compartir coa súa familia.
Os compañeiros de Figueira da Foz tamén nos achegaron as súas aportacións de esta xornada.
VENRES 18 DE XUÑO ACTIVIDADE FÍSICO SAUDABLE. GENIALLY.
O Venres 18 de xuño de 2021, realizamos unha xornada de Actividade Física Saudable, cun Genially deportivo. O alumnado tivo que realizar varios restos, seguindo o mapa europeo das escolas asociadas.
Foron 10 retos que tiveron que realizar de xeito cooperativo e fotografar, para mostrar o resultado.
Nesta xornada tamén participou o alumnado de 2ºC aos que lle encantou resolver os algúns dos retos propostos.
Os compañeiros de Figueira da Foz tamén nos achegaron as súas aportacións de esta xornada.
Os compañeiros de Figueira da Foz fixeron un e-book da activade. Preme enriba da seguinte imaxe para velo.
Erasmus+ Online Enxchange
Because of Covid’s situation, our students participated in an online Exchange planned for last year. The idea was receiving students from Torrevieja and Figueira da Foz in our school to participate in different activities. At the end, this trip was impossible so we made an online exchange and enjoyed a great time.
During this activity, CEIP Nº2 students learnt the importance of sharing time with mates of different parts of the Iberian Peninsula, concretely from Alicante (Spain) and Figueira da Foz (Portugal). In these exchanges, they learnt things about culture, respect, tolerance, independence, autonomy or teamwork.
This was the last students’ exchange of the project. At the end of June, teachers will made the teachers exchange and this will be the end of the project. This will be also online and participate all the schools from the project.
16th of June- Mindfulness
On June 16th students from 6th grade participated in an online exchange with the pupils from Torrevieja and Figueira da Foz. They introduce themselves and practice Mindfulness with the help of Vanesa Rodriguez, a Mindfulness specialist.
17th of June- Nutrition
On june 17th we participated in a conference about Nutrition. Ana Laura Fariña, specialist nutritionist, talked about the importance of having a healthy eating. Besides, they create a “nutria-plate”. If you click below, you can made yours.
18th of June- Genially Physical Activity
On June 18th, we played a game with the platform Genially. Students had to overcome 10 different challenges in a cooperative way. They had to take a picture of the resaultws and send them to show the results.