Skip to Content

Procedemento de distribución de máscaras para o alumnado de Primaria.

AVISO IMPORTANTE:

 

A Xunta ven de publicar a Orde 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e os procedementos para a distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria.

 

Todo o alumnado que conta con axudas de material escolar da Consellería no presente curso escolar 20-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que NON terán que formalizar ningunha solicitude.

 

O resto do alumnado, aínda que non conte coa axuda de material escolar, tamén poderá beneficiarse do suministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6000€. Para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto dende o luns día 16 ata o 27 de novembro.

A solicitude será única para tódolos fillos, e deberán presentarse presencialmente no centro.

Documentación precisa:

  • Anexo I e Anexo II (podedes descargalo pinchando enriba dos anexos)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente.

 



page | by Dr. Radut