Skip to Content

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Co obxectivo de concienciar e sensibilizar á poboación contra todo tipo de violencia, o centro participou nesta conmemoración realizando diversas actividades:

  • Desde o Departamento de Orientación e o Equipo TIC confeccionáronse chapas personalizadas para repartir, nesta data, entre toda a Comunidade Educativa.

  • Desde o Equipo de Biblioteca elaborouse un mural con todas as siluetas realizadas polo alumnado do centro representándose a sí mesmos. Este mural está exposto no corredor da planta baixa do centro para disfrute de toda a Comunidade Educativa.


 

  • Unímonos á invitación do Concello de Tui a participar no proxecto "TUI SOÑA", que repartiu entre os distintos centros educativos catro siluetas de muller para cada un coa finalidade de ser vestidas polo alumnado con frases e mensaxes positivas.

      

          

O propio día da conmemoración, o luns 25 de novembro, ás 12:00 horas na praza de San Fernando levarase a cabo un Acto Institucional coa lectura dun manifesto, a exposición das siluetas do proxecto "TUI SOÑA", realizadas por todos os centros educativos, e a posta en escena de varias actuacións musicais a cargo do alumnado dos centros educativos de Tui. O noso centro colaborará nesta última actividade participando co alumnado de 6º de Educación Primaria.

 

  • Rematarase esta semana de actividades asistindo, o mércores 27 de novembro, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, a un espectáculo na Área Panorámica, patrocinado pola Concellería de Cultura, relacionado coa sensibilización sobre a igualdade: "Somos iguais. Contos pola igualdade".

 

Cerraranse, así, os actos e actividades nas que o centro participa co gallo desta conmemoración, recordando que ENTRE TODOS, CON EDUCACIÓN E RESPECTO podemos soñar cun mundo onde non teña cabida ningún tipo de violencia.

 



page | by Dr. Radut