Saltar navegación.
Inicio

FOMOS A APÍPOLIS

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ESTAMOS MOI LEDOS, XA QUE HOXE DESCUBRIMOS UN LUGAR XENIAL, NO QUE O PASAMOS EN GRANDE. FIXEMOS UNHA SAÍDA A APÍPOLIS, E ESTIVEMOS ALÍ GRAN PARTE DO DÍA.

NON SÓ DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS DAS ABELLAS, SENÓN QUE O PASAMOS EN GRANDE TODOS XUNTOS.

O DÍA FÍXOSENOS CURTO PARA TODO O QUE FIXEMOS. IMOS RESUMIRVOS UN POUCO EN QUE CONSISTIU.

DIVIDÍRONNOS EN 4 GRUPOS E IÁMONOS TURNANDO NAS ACTIVIDADES.

ASÍ MENTRES UNS SE METÍAN NA PEL DOS APICULTORES CUNS TRAXES CHULÍSIMOS , OUTROS RECORDABAMOS O APRENDIDO NO COLE VISITANDO A EXPOSICIÓN DAS ABELLAS, ONDE PUIDEMOS VER Á RAÍÑA NUNHA DAS COLMEAS.

OS DEMAIS GRUPOS, AMASAMOS E COCEMOS NO FORNO RICAS GALLETAS DE MEL, FIXEMOS UNHA EXTRACCIÓN DE MEL DUN PANAL E ELABORAMOS A NOSA PROPIA VELA, QUE TAMÉN PUIDEMOS TRAER PARA A CASA.

PASÁMOLO EN GRANDE E TROUXEMOS UN MONTÓN DE RECORDOS.

DEIXÁMOSVOS UNHAS POUCAS FOTOS PARA QUE VEXADES CANTO NOS DIVERTIMOS.