CAMPIONATO GALEGO DE REMOERGÓMETRO

Martina Juncal e Amaia Sebastián no

Campionato galego de remoergómetro.

A Malata (Ferrol)

22-01-17

O pasado domingo día 22 de Xaneiro tivo lugar, no pavillón da Malata en Ferrol, o campionato galego de remoergómetro. Unha disciplina deportiva unida ao remo. Nesta edición estiveron dúas participantes de excepción: Martina Juncal alumna de 6ºB e Amaia Sebastian alumna de 6ºC, ambalas dúas  esforzáronse moito para preparar este campionato, onde se atopaban as mellores remeiras de categoría alevín de toda Galicia. As dúas practican remo en Tui, un deporte, unha paixón e unha tradición a seguir no río Miño.

A nosa noraboa a estas dúas grandes deportistas e a seguir practicando remo. Así mesmo, aproveitamos para felicitar a todos aqueles antigos alumnos do noso colexio que estiveron en dito campeonato, así como a todos os remeiros que participaron neste campeonato, así como no campeonato Nacional que tivo lugar en Castrelo de Miño o pasado sábado e Domingo 28 e 29 de Xaneiro. Noraboa polo voso esforzo e polo voso traballo.