Skip to Content

Campaña Mundial pola Educación

 

    Con motivo da celebración do "Día do Libro", e coincidindo coa Campaña Mundial pola Educación, o pasado 23 de Abril os nenos /as de 5º saímos a Vigo para acudir na Casa do Libro a un acto que co lema de "Abre un libro, abre o mundo"organizaran ONGs coma Educación Sen Fronteiras coa que o centro colabora.

   Alí compartimos cos asistentes, un conto que fixeramos na aula e que lemos para todos, un conto no que o argumento era a importancia da alfabetización no mundo.

 

   
 Rosalía e Julio lendo o noso conto.  Aquí estamos todos escoitando os contos de todos os coles.

    Ademáis do noso conto, outros coles asistiron ao acto e leron o seu. Gustounos moito un conto que leu Antonio, un señor xitano que está aprendendo a ler, e que era autobiográfico, ou o dunha avoa que agora de maior vai a escola porque non poido ir de pequena.

   Tamén foi moi emotivo cando saíron nenos do Centro de Educación especial de San Rafael e contaban que xa sabían ler palabras, algo que para eles significaba moito.

      Xa que estabamos en Vigo aproveitamos para visitar a Rúa do Príncipe.

   
   

 E tamén demos unha volta polo Castro que estaba un día moi bo para ver a cidade dende arriba.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut