Os nosos colegas de Redondela
Para coñecer en persoa a eses nosos amigos/as de Redondela cos que nos carteamos dende o curso pasado, o 13 de febreiro viñeron a visitarnos a Tui.
Aquí estamos os dous colexios nos xardíns | Tamén fomos a ver a Catedral. |
Tamén visitamos ao concello e alí recibiunos o Señor Alcalde da Cidade. Aquí estamos no Salón de Plenos.
Pouco despois, o pasado xoves 5 de Marzo e como resposta da visita que eles nos fixeran a nós o 13 de febreiro, os nenos e nenas de 4º visitamos o colexio " Santa Mariña" de Redondela.
Alí estivemos cos nosos amigos e amigas redondeláns cos que nos carteamos dende hai 2 anos.
Primeiro visitamos o seu colexio.
Alí está a profe Marelia que estivo antes no noso cole. | E un cole novo e moi bonito |
Despios fomos a visitar Rodondela.
Coñecemos o seu concello. | E recibiunos o señor Alcalde para darnos a benvida. |
Tamén demos un paseo polo pobo.... | ...e explicáronnos moitas cousas. |
Pasámolo moi ben, esperamos seguir en contacto con estes nosos amigos.