O pasado luns día 9 de Febreiro de 2015, tivo lugar o duodécimo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio: Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.
Nesta xornada os nosos xogadores xogaron no Campo da Madroa en Vigo, e como rival o equipo do Celta B. Un partido a priori moi complicado, polo alto nivel do equipo contrincante, en cambio os xogadores tudenses conseguiron facer un partido de unha gran calidade e ainda perdendo, 5-1, disfrutaron de xogar nunhas expledidas instalacións coma son as da Madroa en Vigo
Noraboa Campeóns.