Skip to Content

Monthly archive

AFORRO DE ENERXÍA

AFORRO ENERXÉTICO

 

Iniciamos unha actividade para o aforro enerxético. Cada vez que saímos das aulas, ao recreo, ao ximnasio… temos que deixar as luces apagadas.

Deste xeito promovemos os ODS, sobre todo o obxectivo 12  "Produción e consumo responsable".

 

PROXECTO DO MAR

 

 PROXECTO DO MAR EN INFANTIL

Curso 22-23

En infantil estamos cun proxecto mediombiental e multidisciplinar. Convertéronse  en buzos e investigaron o mar, as  súas riquezas e os perigos que o ameazan.

Comezamos partindo dun centro de interese moi común nos máis cativos, os animais, neste caso, os peixes.

Trouxeron sardiñas e buscaron o seu esqueleto, a espiña. Traballaron o calamar, onde viven e que comen. Tamén coñeceron, tocaron e uliron un polbo de cerca,contaron as súas patas.

Finalmente o polbo Lolo acabou na cazola. Aprenderon como se cociña e botáronlle sal e pemento doce. Chegou o momento de degustar este manxar galego, aínda que non todos se animaron.

 

 

 

 

 

 

 

Emocións

Viaxando polo país das emocións

Alumnado de 1º

O ALUMNADO DE 1º viaxou polo país das emocións. Contouse o conto da empatía sobre a conciencia emocional...

Realizaronse actividades como a caixa da calma, ginkama das emocións...

Actividades  fundamentais para un grupo moi activos, que continuamente demandaba, baixar a intensidade e volver a calma. Tamén se centrou o traballo na resolución de conflictos.

QUEN VIVE NO NOSO PATIO?

 

 

QUEN VIVE NO NOSO PATIO?

Os 3º e os 4º animáronse a facer unha actividade conxunta. Saíron ao patio a buscar que tipo de bichos e insectos viven alí, procuraron no medio da herba, no composteiro, na horta… atopamos moitas variedades: saltóns, caracois, miñocas, bichos bola, arañas, abellas…

Logo recolleron algunha información en murais para compartir todo o que investigaron co resto dos compañeiros do colexio

 

 

 

 

 

 

HOTEL DE INSECTOS

 

HOTEL DE INSECTOS

O ano pasado participamos nun concurso de redacción promocionado por “Miel de Galicia”,  enviamos  unhas redaccións sobre unha abella chamada Melucha.

Conseguimos un hotel de insectos e uns botes de mel,que degustaremos na festa de fin de curso nuns anaquiños de pan tostado.

 

Este ano mercamos algún máis e  colocámolos na moreira do colexio e nalgunha outra árbore, para ver a que insectos lles apetece ser os primeiros en reservar unha habitación.

 

 



by Dr. Radut